Carballo a un paso

Compartir:

Carballo recupera o programa Novembro con música para encher de notas o outono

Oito espectáculos made in Galicia interpretan a banda sonora da vila entre o 13 de novembro e o 19 de decembro

Novembro con música 2021

13 de novembro de 2021- Tradicionalmente, e aproveitando que a festividade de Santa Cecilia, patroa dos músicos, cadra en 22 de novembro, Carballo festexa o mes da música. Cada ano unha variada oferta, que vai do rock, ao pop ou á música de conservatorio e sempre tendo en conta o folk galego, aparece recollida nun feixe de actuacións que enchen os seráns do outono. Este ano, e despois dun obrigado parón en 2020 por mor da pandemia, recuperamos a ledicia das notas musicais nun programa variado que ten especial atención polo "made in Galicia". Até o 19 de decembro poderedes desfrutar no Novembro con Música dunha oferta para todos os públicos e para todos os gustos, con entrada libre e gratuíta ata completar aforo. Por suposto, todas as citas cumplen coas medidas de seguridade COVID-19.

PROGRAMA

Sábado 13 de novembro | 21.00h | LIVE IN CANCES. Concerto rock. Edición número 15 deste festival organizado pola Asociación Cultural San Campio de Cances. Actuarán os grupos Versión Imposible e The Cerne Revival. A música empezará a soar ás 21.00 horas no Centro Social de Cances.

Mércores 17 de novembro | 18.00h | FRANSY GONZÁLEZ E DAVIDE SALVADO. Concerto didáctico para alumnado do Conservatorio Profesional de Música. A Concellaría de Cultura colaborará coa Deputación da Coruña neste concerto que nos invita a celebrar a conmemoración do Día Mundial do Patrimonio Mundial cun concerto didáctico de música tradicional galega, a cargo de dous artistas importantes en Galicia, Fransy González e Davide Salvado. Colabora: Deputación da Coruña.

Venres 19 de novembro | 21.00 h | MARÉS SONORAS. Pazo da Cultura. Marés Sonoras presenta o seu novo disco Soños Ibéricos, unha visión actualizada das diferentes sonoridades da música que nace entre o Atlántico e o Mediterráneo. Grazas a este quinteto de voz, vibráfono, saxo, contrabaixo e percusión poderemos viaxar a través do mar por distintas culturas acadando unha magnífica evocación sensorial. Colabora: Deputación da Coruña.

Domingo 21 de novembro | 18.00 h |  CULTURACTIVA PRODUCIÓNS. Pazo da Cultura.  Como en case todos os programas da Concellaría de Cultura, en Novembro con Música estará presente tamén a oferta para o público familiar. Nesta edición contaremos con Culturactiva Producións co espectáculo Desconcertounha aposta polo humor misturado coa música culta. A combinación de música, teatro, humor e moito ritmo ofrecerán unha imaxe amena e atractiva da música clásica e os seus compositores Bach, Beethoven, Mozart ou Rossini, entre outrosColabora: Deputación da Coruña.

Venres 26 de novembro | 21.00 h | CAAMAÑO & AMEIXEIRAS. Pazo da Cultura. O grupo Caamaño & Ameixeiras, recentemente premiado co Martín Códax ao mellor grupo folk, presenta o seu novo traballo, Aire!. Este dúo está ligado á música e ao baile tradicional, que se resperesenta neste disco, unha invitación a cantar e bailar grazas a sons recoñecibles da música galega e das súas tradicións. As dúas integrantes, Sabela Caamaño (acordeón cromático) e Antía Ameixeiras (violín e voz), teñen como punto de partida a tradición para crear despois a súa propia linguaxe. Colabora: Deputación da Coruña.

Sábado 27 e martes 30 de novembro | 20.00 h | CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA. Pazo da Cultura. A presenza dos alumnos e alumnas do Conservatorio Profesional de Música de carballo non podía faltar á cita do Novembro con Música. Nesta ocasión, con dous concertos, o da Banda de Música do Conservatorio de Carballo, o sábado 27 de novembro ás 20.00 h, e o da Big Band do Conservatorio o martes 30 de novembro ás 20.00h.

Sábado 11 de decembro | 20.00 h | CHICHARRÓN. Pazo da Cultura. O grupo carballés Chicharrón presenta o seu novo disco Unha fogueira intacta, “un álbum verdadeiramente inspirador, un novo manifesto humanista e artístico nunha banda sempre inqueda, sempre sorprendente” tal como eles o definen. Esta é unha oportunidade única de achegarnos a esta formación musical en continua mutación ao longo da súa traxectoria, e na que as colaboracóns forman parte da súa natureza.

Domingo 19 de decembro | De 09.00 a 15.00h | SOMOS PANDERETEIRAS. Xornada  de encontros no Pazo da Cultura. Encontro de asociacións culturais de pandereteiras da provincia da Coruña que realizarán unha xornadas abertas o domingo 19 de outubro para todas as asociacións de pandereteiras que desexen participar, para o cal será preciso realizar inscrición previa. Organiza: Mercedes Peón cos grupos de pandeireteiras de Xirifeiras de Fene, Rosalía de Castro de Padrón e Raigañas de Cerqueda. Patrocina: Deputación da Coruña.


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica