Carballo a un paso

Compartir:

La Reina del pueblo e Mataría conquistan o palmarés do 8º Carballo Interplay

A primeira fíxose cos premios a Mellor serie estatal e mellor guión e a segunda conquistou os premios a Mellor serie en galego e o do público

Pedro Brandariz e Javier Seoane cos premios de Mataría

Pedro Brandariz e Javier Seoane cos premios de Mataría | 📷 Leo López

NOVAS RELACIONADAS:
Ábrese o prazo para presentar series ao VIII Carballo Interplay!

23 webseries de todo o mundo compiten na sección oficial do VIII Carballo Interplay
O Interplay reunirá en Carballo aos Masters da internet de Galicia
O Interplay trae a Carballo o humor máis activista e disidente da Internet española

13 de setembro de 2021 - A 8ª edición do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay, que se celebrou entre o 8 e 0 11 de setembro en Carballo e na rede a través do streaming, pechou o telón o sábado 11 coa gala de entrega de premios ás mellores series para web na que triunfaron a revisión post-millennial do costumbrismo castizo en clave de humor La Reina del pueblo e o humor repunante servido en cómodas doses de Mataría.

O xurado composto por David Pareja, Henar Álvarez, Fer Epelde, Sara Varela e David Fidalgo outorgoulle a La reina del pueblo os premios a Mellor serie estatal, dotado con 800 euros e trofeo, e mellor guión, para Raúl Navarro, dotado con 200 euros e trofeo. O de Mellor serie en versión orixinal en galego, dotado con 800 euros e trofeo, foi para Mataría, que tamén recibiu o do Público. O premio para Mellor serie internacional, dotado con 800 euros e trofeo, foi para a comedia épica dende o interior dun videoxogo Mortal Glitch e o de Mellor dirección, dotado con 200 euros e trofeo, para Beatriz Abad por Riders, unha dramedia que desquicia a resistencia social en tempos pandémicos.

O xurado novo, composto por Sara Riveiro, Lúa Pagán e Tania Prieto decidiu outorgar o seu premio, dotado con 400 euros e trofeo, a Psicóticas Inseguras, unha comedia xeracional chilena feminista, subversiva e terapéutica.

PREMIO AO MELLOR PROXECTO DE WEBSERIE EN GALEGO

Reunido en Carballo o xurado composto por Lucía Estévez, Javi Camino, Andrea Villa e Xose Regueira, decidiron outorgar o Premio ao mellor proxecto de webserie en galego, dotado con 3000 euros para a produción dos tres primeiros capítulos, a Pringadas, de Belén Puime, pola necesidade de contidos en galego enfocados á xeración Z, por afondar e conectar coa súa realidade e pola liberdade dunha proposta que fuxe dos estereotipos. A serie estrearase na próxima edición do Carballo Interplay.

PALMARÉS

  • Mellor serie estatal, dotado con 800 euros e trofeo, para La reina del pueblo
  • Mellor serie internacional, dotado con 800 euros e trofeo, para Mortal Glitch. Recolle Bastiaan Manitveld
  • Mellor serie en versión orixinal en galego, dotado con 800 euros e trofeo, para Mataría. Recolle Javier Seoane
  • Premio do xurado novo, dotado con 400 euros e trofeo, para Psicóticas Inseguras. Recolle Pamela Bravo
  • Premio do público, dotado con 400 euros e trofeo, para Mataría
  • Premio a mellor guión, dotado con 200 euros e trofeo, para Raúl Navarro por La reina del pueblo
  • Premio a mellor dirección, dotado con 200 euros e trofeo, para Beatriz Abad por Riders
  • Premio ao mellor proxecto a serie web en galego para Pringadas, de Belén Puime


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica