Carballo a un paso

Compartir:

Deporte de verán con volei-praia en Razo!

O areal contará durante os meses de xullo e agosto con 3 pistas de uso libre e gratuíto na Explanada e con escolas dispoñibles para maiores de 9 anos

Volei-praia en Razo

8 de xullo de 2021 - Xa están de novo en marcha as pistas de volei-praia en Razo! Como cada ano, a Explanada do areal acolle tres pistas de uso libre e gratuíto por parte das persoas que se acheguen a desfrutar da nosa costa. A actividade, que desenvolve cada ano a ADC Volei Praia Costa da Morte coa colaboración do Concello de Carballo ten lugar entre o 1 de xullo e o 31 de agosto. As redes están instaladas nunha superficie aproximada de 750 metros cadrados para fomentar a convivencia co resto das actividades que teñen lugar no areal. As pistas están dispoñibles para o público de 16.00 a 20.00 horas, pero tamén existe a opción de practicar deporte nas escolas de volei para todas as idades, a partir de 9 anos, a diario e de balde, de 17.00 a 18.00 horas.

A iniciativa ten unha excelente acollida, como reflicten os datos de participación. Nos últimos anos, a media de persoas que utilizan as pistas de volei cada verán sitúase nas 2.000, aproximadamente. Ademais, o domingo 25 de xullo celebrarase o Torneo Fundación Luis Calvo Sanz, coma sempre nas citas para este verán, respectando todas as medidas de seguridade COVID. Toda a info e as inscricións para o torneo, no teléfono 606 400 858. Pero para practicar volei só tendes que ir ata a Explanada e coller a pelota!!!


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica