Carballo a un paso

Compartir:

Sendeirismo para todos os públicos: Primavera en ruta

O programa de andainas de Senda Nova cumpre doce anos co mesmo espírito de seguir dando a coñecer os lugares máis interesantes da comarca

Primavera en ruta 2021

20 de abril de 2021 - A primavera é tempo de lecer ao aire libre, de camiñar, de pasear, de desfrutar da natureza que esperta despois do inverno... Por iso, cada ano dende hai xa 12 colaboramos coa Asociación Ambiental Senda Nova na creación dun programa de rutas e andainas por Carballo e pola comarca co obxectivo de coñecer mellor a nosa contorna, pero tamén de poñer en valor o noso patrimonio e a nosa natureza. Case 200 paradas ben definidas agardan dentro dun programa que percorrerá Bergantiños, Soneira e Ordes, para sacar á luz e coñecer moitos dos puntos de interese máis importantes da zona. Coma sempre, farase a través de itinerarios deseñados grazas ao esforzo de Evaristo Domínguez Rial e Jose Menéndez Varela. Desta volta son oito que teñen lugar entre o 18 de abril e o 13 de xuño e cuxa dificultade vai de moi baixa a media, polo que os percorridos son aptos para todos os públicos.

OITO RUTAS

  • O SON DO ANLLÓNS (Bergantiños) - 18 abril. O patrimonio ecolóxico dos nosos ríos dende o corazón de Bergantiños. Distancia aproximada 20 quilómetros. Dificultade media-baixa.
  • CAMIÑOS DE ALDEMUNDE (Carballo) - 25 abril. Os segredos do bosque atlántico da Ribeira da Pena. Distancia aproximada 7 quilómetros. Dificultade moi baixa.
  • CORISTANCO HISTÓRICO (Coristanco) - 2 maio. O latexo da historia dende as corredoiras,. Distancia aproximada 18 quilómetros. Dificultade media.
  • RUTA DAS MÁMOAS (Cabana de Bergantiños) - 9 maio. A maxia dos petroglifos e megalitos. Distancia aproximada 14 quilómetros. Dificultade baixa.
  • COSTA AGRESTE DE CERQUEDA E CAMBRE (Malpica de Bergantiños) - 23 maio. Segredos xeolóxicos dende a caprichosa paisaxe malpicá. Distancia aproximada 14 quilómetros. Dificultade baixa.
  • A FORZA DO RÍO CHONIA (Trazo) - 30 maio. Descubrindo muíños e batáns escondidos. Distancia aproximada 20 quilómetros. Dificultade media-baixa.
  • CAMIÑOS DE CAIÓN (A Laracha) - 6 xuño. Os máis amplos horizontes cara o mar dende os mellores altares. Distancia aproximada 14 quilómetros. Dificultade baixa.
  • TERRAS ALTAS DE SONEIRA (Zas) - 13 xuño. Soneira dende os balcóns salvaxes de Pico de Meda. Distancia aproximada 16 quilómetros. Dificultade media-baixa.

INSCRICIÓNS E PREZOS

  • Base de Protección Civil de Carballo. 2º andar do Edificio do Antigo Ambulatorio Carballo. De luns a venres de 9:30 a 13:30 horas.
  • Espazo da Natureza de Oza. Xoves e venres de 17 a 20 horas.
  • Data límite de inscrición: Ata 2 días antes de cada roteiro.
  • Prezos: Non socios, maiores de idade 6€ ; menores de idade 3€. Socios: maiores de idade 3€; menores de idade 1€ .
  • Lugares de saída: Carballo: local de Senda Nova na rúa Venezuela; A Laracha: diante da Casa do Concello; Malpica: diante da Casa do Concello.


Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentación y medio ambiente Xunta de Galicia Deputación da Coruña Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atlántica