Carballo a un paso

Compartir:

Volve Primavera enDanza!

Cinco espectáculos de danza contemporánea entre o 9 e o 23 de abril entre os que se inclúe a estrea dunha nova proposta de Matías Daporta: Mocap

Primavera enDanza

8 de abril de 2021 - O ciclo estable de danza contemporánea máis lonxevo de Galicia cumpre 19 anos regresando ao seu espazo natural, o mes de abril. Se ben a XVIII Primavera enDanza tivo que celebrarse en outono de 2020 por mor da pandemia, este ano volve para a nova edición con cinco espectáculos que conmemoran o Día Internacional da Danza, o 29 de abril, como é o habitual. Espallaranse entre o 9 e o 23 do mes con catro compañías galegas e unha catalana e a presenza dunha estrea por parte de Matías Daporta con Mocap. Daporta iniciou o seu proxecto en Carballo durante unha residencia no Pazo da Cultura e volve para realizar outra residencia técnica, neste caso de dous días, e ofrecer agora o espectáculo en exclusiva o día 22.

O ciclo comeza o venres 9 de abril co espectáculo Emigrantas de Kirenia Martínez. Segundo a protagonista a peza aborda unha "nova emigración, desa última diáspora de persoas de 18 a 40 anos que saíron e viven a súa experiencia central dende a muller”. Outra muller, Marta Alonso, é a creadora e protagonista de Bailar agora, a proposta que poderemos ver o día 16. É un espectáculo “autobiográfico” e cheo de sorpresas que “hai que vivir”, polo que o mellor é descubrilas en directo. Marta Alonso estará dobremente presente nesta Primavera enDanza, posto que tamén participará o día 18 no espectáculo infantil e familiar Nina Ninete de Paula Quintas e Traspediante. Para rematar, dende Barcelona chega Thomas Noone Dance con After the party, unha conversa entre Thomas Noone e o seu alter ego, na que un home reflexiona sobre encontros pasados e na que as verdades, soños e mentiras son expresadas con danza e un monicreque rebelde. As entradas para todos os espectáculos poderán mercarse a través de <ataquilla.com>.

PROGRAMACIÓN

  • Venres 9 de abril (20.00 horas). Emigrantas, Kirenia Danza (Galicia). Público adulto.
  • Venres 16 de abril (20.00 horas). Bailar agora, Marta Alonso Tejada (Galicia). Todos os públicos.
  • Domingo 18 de abril (18.00 horas). Nina Ninette, Paula Quintas – Traspediante (Galicia). Público infantil e familiar.
  • Xoves 22 de abril (20.00 horas). Mocap, Matías Daporta (Galicia). Estrea absoluta. Público adulto.
  • Venres 23 de abril (20.00 horas). After the party, Thomas Noone Dance (Cataluña). Público adulto.


Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentación y medio ambiente Xunta de Galicia Deputación da Coruña Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atlántica