Carballo a un paso

Compartir:

Xa temos calendario para o 2020: Agasalla lingua, agasalla Carballo

Veciñanza e visitantes poden recollelo gratuitamente no Museo de Bergantiños no seu horario habitual ata fin de existencias

O Calendario foi elaborado pola Concellaría de Normalización Lingüística

O Calendario foi elaborado pola Concellaría de Normalización Lingüística

Cada ano, veciñanza e visitantes agardan a finais de decembro o momento de recoller o calendario do Concello de Carballo para o ano seguinte. E xa está aquí Agasalla lingua, agasalla Carballo, o almanaque da Concellaría de Normalización Lingüística para 2020. Recolle moitas das cousas que Carballo ten que ofrecer para regalarlle tanto ás e aos seus habitantes, como para as persoas que nos visitan. Hai máis, pero sen dúbida estas son algunhas das máis importantes: lingua, deporte, feira, creatividade, arte, festa, praia, colleita, mocidade, teatro, pan, comercio...  Calquera pode recoller o calendario de forma gratuita no Museo de Bergantiños no seu horario habitual: de martes a venres, de 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 19.30 horas; os sábados e os domingos de feira de 11.00 a 14.00 horas; domingos non feirados e luns, pechado.

O almanaque recolle moitas das cousas que Carballo ten para regalar: lingua, feira, arte, festa, praia, pan...

Ademais de recoller todos os meses do ano, o almanaque conta, como en cada edición, cunha sección de teléfonos de interese do Concello, onde están recollidos os números dos edificios municipais, de seguridade, atención e asistencia ou dos medios públicos de transporte, como os taxis e a estación de autobuses. Os calendarios repartiranse no Museo de Bergantiños ata fin de existencias. Así que bulide antes de que se acaben! Agasalla lingua, agasalla Carballo, agasalla o calendario!


Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica