Carballo a un paso

Compartir:

Volve o FIOT: o corazón do teatro en Galicia!

O Outono de Teatro trae propostas para todos os públicos con nomes como Carmen Maura, Touriñán, María Vázquez, Carlos Blanco, Nacho Guerreros...

FIOT 2019


Volve o FIOT, Festival Internacional Outono de Teatro, e faino superada a adolescencia pero cunha mocidade chea de forza. "Miradas FIOT" é o lema deste ano, reflectido no cartel. Despexar a cara e abrir os ollos para ver a realidade que nos rodea. Por iso, o programa terá especial atención para o teatro social, poñendo en valor a capacidade das artes e da cultura para xerar reflexión e diálogo sobre mundo e a súa diversidade.

O festival conta con 39 espectáculos, 9 estreas e 9 estreas en Galicia en variedade de formatos, espazos e xéneros

Entre os nomes deste 28 FIOT destaca a presenza de actores e actrices ben coñecidos como Carmen Maura, Nacho Guerreros, Carlos Blanco, Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira, Touriñán, María Vázquez, Pedro Brandariz... E con todos os recunchos habituais no programa, coa Rúa dos Contos, OTNI, un Teatro de rúa con cada vez máis presenza, as sesión do mercado, o FIOTeen, o Fiotiño e con especial presenza da hostalería en Dálle un bocado ao FIOT. 39 espectáculos, 9 estreas e 9 estreas en Galicia a disposición do público!

VENDA DE BONOS E ENTRADAS

  • BONOS (Programa de sala): SOCIOS AC TELÓN E APARTE: Do 13 ao 19 de setembro. PÚBLICO EN XERAL: A partir do 20 de setembro.
  • ENTRADAS SOLTAS (Programa Sala, OTNI e Mercado): Desde o 20 de setembro ata o día de cada función.
  • FUNCIÓNS EN LOCAIS DE HOSTALARÍA CON ENTRADA: Nos propios locais a partir do 20 de setembro.
  • VENDA O DÍA DA FUNCIÓN: Na billeteira habilitada no espazo da función desde 90 minutos antes do inicio.


Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentación y medio ambiente Xunta de Galicia Deputación da Coruña Galicia Agader