Carballo a un paso

Compartir:

A primeira finde de agosto volven as festas de San Cristovo

O barrio carballés acolle verbenas, sesión vermú, orquestras, disco móbil e a tradicional procesión de vehículos engalanados o domingo 4

San Cristovo 2019

Vehículos sobre rodas de todo tipo invaden o domingo 4 de agosto as rúas de Carballo. Engalanados con flores, con plantas e con estampas, únense á procesión do San Cristovo que cada ano anima as festas do barrio e que se deixa sentir en toda a vila. Aínda que todo o mundo agarda con expectación a comitiva do domingo, as celebracións na honra do patrón dos viaxeiros e condutores comezan xa o sábado 3. O programa do primeiro día inclúe dianas e alboradas con bombas de palenque dende primeira hora; misa solemne ás 12.30 horas na honra da Nosa Señora de Lourdes e Boa Viaxe; e logo sesión vermú coa orquestra Furia Joven. Pola noite, a verbena de novo con Furia Joven e disco móbil impacto.

O domingo repetiranse no programa as dianas e alboradas coa misa solemne ás 12.30 horas na honra de San Cristovo. Xusto despois da misa, sobre as 13.15 horas, será o momento da procesión á que pode sumarse calquera vehículo sobre rodas. Moi vistoso e tamén moi ruidoso e alegre, o séquito percorre as rúas de Carballo nunha xira con saída e chegada no barrio. E nesta segunda xornada de festa, a orquestra para a sesión vermú e para a verbena da noite será Metropolis. De novo, a disco móbil é Impacto. Festa ata que o corpo aguante! Non faltedes!


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica