Carballo a un paso

Compartir:

A música invade Carballo co Verán Cultural

O programa de actuacións para os meses de xullo e agosto inclúe tamén a Praza dos Libros, as Noites de Cine, festas gastronómicas... vinde de visita!

Verán Cultural 2019

A mesmísima medusa visita Carballo en xullo e agosto da man do programa do Verán Cultural (Verano Cultural). Iso si, no cartel aparece vestida de rock e preparada para gozar con todas as citas do programa. Este ano comezamos coa Praza dos Libros, a feira da creatividade cultural que cada ano visita no mes de xullo o Xardín Municipal e que este ano será de xoves 11 a domingo 14 e que contará coa autora lucense María Reimóndez como pregoeira. E continuamos con outro prato forte o sábado 13 de xullo: o Festifolk. Unha cita coa nosa música e os nosos instrumentos máis tradicionais que xa cumpre cinco anos. Este ano, o concerto principal correrá a cargo de Treixadura. As dúas citas contan co patrocinio da Fundación Luis Calvo Sanz.

La música es siempre parte fundamental del programa del Verán Cultural y siempre hay espacio para los grupos carballeses. En este caso, Chicharrón presenta en la Plaza del Ayuntamiento su último trabajo Cancións clínicas, once piezas escritas en salas de espera de hospitales, en viajes de ida y vuelta y, también, en noches con mucho sueño. Será el viernes 19 de julio. E para pechar o mes, o venres 26 haberá unha actuación para público infantil con A Gramola Gominola, banda de rock'n'roll en galego para o público cativo. Presentan o seu último disco, Bravas, nunha cita que conta coa colaboración da Deputación da Coruña.

En agosto...

O mes de agosto comeza o venres 2 cun concerto de Sés, tamén da man da Deputación. Pregoeira o ano pasado na Praza dos Libros, volve para ofrecer un concerto no que mestura rock'n'roll, tradición oral galega, canción de autor latinoamerica e actitude punk. Presenta Readmirando a condición. E o venres 9 de agosto temos unha das citas estrela do programa, un concerto da Orquesta Garufa Blue Devils Band & Sito Sedes. Trátase dunha actuación patrocinada pola Fundación Luis Calvo Sanz cunha orquestra que revisa os grandes clásicos do swing cunha das voces galegas máis recoñecidas.

A música é este ano a protagonista, con citas que van dende o indie de Chicharrón até a Big Band ou os sons tradicionais

Os máis cativos e cativas volven ter a súa cita o venres 16 de agosto con Sonámbulo, de Antón Coucheiro. Nesta cita na que colabora a Deputación, Coucheiro monta un cabaré portátil dun bufón rosmón co que o público pode participar e divertirse a través dunha comedia visual sen palabras, con clown, efectos máxicos e teatro físico. E tamén con axuda do organismo provincial vén o día 23 Son de seu, referente na música tradicional por ser unha das primeiras orquestras europeas de música folk. Pecha o programa o venres 30 de agosto o Festival de Música e Baile Tradicional protagonizado polas agrupacións de Carballo.

Actividades paralelas

Festa do Berberecho

Festa do Berberecho

O programa do Verán Cultural ten cada ano o seu complemento nun feixe de citas paralelas que teñen lugar ao longo de todo o verán. Como as festas e verbenas das parroquias; ou as citas gastronómicas como a Mexillonada de Santa Irene, a Festa do Pan da Brea, a Festa do Cachelo de Oza, a Festa do Berberecho en A Imende ou a Festa do Pichorro de Cances.

E como cada ano as prazas e parques do municipio énchense durante todo o verán coas Noites de Cine, con títulos para todos os públicos en funcións de balde ao aire libre que van do 9 de xullo ao 27 de agosto.

Se estades por Carballo, non esquezades o Verán Cultural!


Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentación y medio ambiente Xunta de Galicia Deputación da Coruña Galicia Agader