Carballo a un paso

Compartir:

Carballo por Etapas celebrarase a última fin de semana de maio e a primeira de xuño

A hostalaría carballesa ten de prazo ata o 3 de abril para inscribirse

Presentación hosteleiros V Carballo por Etapas

Presentación aos hosteleiros do V Carballo por Etapas

A quinta edición de Carballo por Etapas xa está en marcha. Aínda que o tren turístico non fará a súa saída ata o 26 de maio, o Concello de Carballo, organizador do evento xunto con Axober, xa está a traballar co sector da hostalaría nos preparativos para a popular ruta de tapas.Doce empresarios e empresarias do sector asistiron á primeira xuntanza, na que se fixou a celebración da ruta para a última fin de semana de maio e a primeira de xuño. Coma nos anos anteriores, o horario de Carballo por Etapas será de 20 a 22 horas os venres, e tanto o sábado coma o domingo ampliarase tamén ao mediodía, de 12 a 14 horas. Os clientes dos locais participantes recibirán con cada tapa un boleto co que poderán conseguir premios instantáneos.

As tapas custarán 1,5 euros, igual que na pasada edición.

As tapas custarán 1,5 euros, igual que na pasada edición. A primeira fin de semana, coa colaboración de Calvo Conservas, o produto estrela será o atún, mentres que a segunda estará dedicada aos produtos de Bergantiños.
Agora ábrese un prazo de inscrición para que poidan sumarse todos os establecementos que o desexen. A data límite para confirmar a participación é o 3 de abril, e os interesados poden poñerse en contacto con Axober no 981 756 313.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica