Carballo a un paso

Compartir:

Refúxate da calor en Carballo coas citas do Verán Cultural!

Música de fóra e galega, o mellor cine, teatro, maxia, festivais, a Praza dos Libros... citas para todos en xullo e agosto

Verán Cultural 2016

O Verán Cultural enche Carballo cunha oferta cargadiña de música, de maxia, de teatro, de libros, de praia, de cine e con todas as verbenas que ocupan case cada día dos meses de xullo e agosto. Nomes como De Vacas, Sés, Xabier Díaz ou Uxía; sons internacionais chegados dende Cuba; teatro e maxia para os máis pequenos e pequenas da casa; ou o festival Sereas e Piratas con grupos indie como The Wave Pictures, que ofrece a súa única actuación en España en Carballo. Os veciños e veciñas e os visitantes que se acheguen este verán a ver as nosas praias teñen unha grande variedade de citas para pasalo ben en Carballo.

A Praza do Concello será o principal escenario para as actuacións que arrincan o venres 8 de xullo con Peter Punk, para os nenos e nenas no Xardín; e cos sons africanos da Agrupación Musical Saint Luc de Banakintú. E a partir daí, todas as findes citas gratuítas para todos os públicos!

A Praza dos Libros: no mes de xullo

O programa tamén inclúe citas que enchen un oco moi especial no programa. Tal é o caso da Praza dos ibros, que este ano adianta a súa celebración ao mes de xullo entre o xoves 21 e o domingo 24 con todas as novidades literarias e moitas sorpresas. O peche do programa como cada ano, corre a cargo do Festival de Música e Baile Tradicional no que participarán a Banda Municipal de Gaitas, a AC Nemeth, a ACX ARume de Berdillo ou a AC O Candil de Sísamo.

Tampouco hai que esquecer as 17 sesións das Noites de cine, nas que poderemos ver películas como "Star Wars: el despertar de la fuerza", "Los Minions", "Atrapa la bandera" ou "Del revés". Se non queres perder detalle do programa, podes descargalo máis abaixo en PDF e xa podes comezar a planificar o teu verán!

Neste vídeo podedes ver un petisco dalgunhas das actuacións que virán este verán a Carballo! Va que mola? Vén a velo!


Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica