Carballo a un paso

Compartir:

O Calvo Xiria xoga en Carballo o ascenso á segunda máxima categoría do balonmán español

A fase dispútase entre o venres 27 e o domingo 29 de maio en Carballo contra o Carabanchel, o Hispanitas de Alacante e o Ciudad Real

Presentación da fase de ascenso

Presentación da fase de ascenso

Entre o venres 27 e o domingo 29 de maio o Calvo Xiria xógase o ascenso á segunda máxima categoría do balonmán español. Farao en Carballo tendo diante aos mellores equipos da tempada: o Hispanitas Petres de Alacante, o Balonmano Carabanchel e o Caserío Ciudad Real. É a terceira ocasión en que o club opta a subir á División de Honra de Prata, pero é a primeira que se xoga en casa, e iso mellora moito as opcións de triunfo. Sobre todo, se "controlamos os nervios", segundo subliña o adestrador, Marcos Rodríguez. Tamén é a primeira vez que o Calvo Xiria participa na fase de ascenso como campión da tempada, despois dun extraordinario traballo durante todo o ano, xa que en ocasións anteriores o fixera como segundo clasificado e a bastantes puntos do campión.

Os xogadores agardan con impaciencia en con moitas gañas o comezo da fase, na que esperan controlar os nervios

O club espera que o pavillón se encha de seareiros e seareiras que apoien ao equipo como levan facendo toda a tempada e que foron, en boa parte, responsables do seu éxito. E tamén, como explica o capitán do equipo, Pablo Iglesias, os xogadores agardan con impaciencia e "con moitas gañas" de comezar a xogar sobre todo contando co excepcional apoio dos afeccionados e afeccionadas. De feito, o club os patrocinadores e os responsables municipais animan a que Carballo apoie, unha vez máis, e como leva facendo toda a tempada, ao seu equipo.

E a todas aquelas persoas de Carabanchel, Alcante e Cidade Real que se acheguen a Carballo animámolos a que se sintan na casa durante eses tres días e a crear o mellor ambiente posible para que a fase se xogue con deportividade e cunha inmellorable convivencia. Agardámosvos en Carballo.

Sorte a todos e que gale o mellor. E que o mellor sexa o Balonmán Xiria!


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica