Carballo a un paso

Compartir:

Atún, pan de Carballo, patacas... os nosos mellores produtos en Carballo por etapas

Os días 27, 28 e 29 de maio e 3, 4 e 5 de xuño en 20 locais hostaleiros con tapas a 1,5 euros e moitos premios!

Carballo por etapas

Organización e hostaleiros participantes en Carballo por etapas no Fórum Carballo

Atún Calvo, pan de Carballo, patacas das nosas leiras... os nosos mellores produtos estarán na ruta gastronómica Carballo por etapas os días 27, 28 e 29 de maio e 3, 4 e 5 de xuño en 20 locais hostaleiros do centro da vila. Todas as primaveras, desde hai catro, o arrecendo das mellores tapas invade a localidade. Por 1,5 euros poderedes gozar co sabor dos petiscos, pero tamén cos 940 premios directos que poderedes obter a través dos “rascas” que recibirá o cliente con cada tapa: gorras, camisetas, tapas, botellas de viño e de vermú, packs de copas de viño...

Horario para probar as tapas: os venres de 20.00 a 22.00 horas e os sábados e domingos de 12.00 a 14.00 e de 20.00 a 22.00 horas

A ruta arrinca o venres 27 de maio ás 18.30 horas coa saída do tren turístico que percorrerá todos os locais participantes e que o leva facendo desde a primeira edición para que ninguén quede sen o seu petisco. Hai que lembrar que as tapas serviranse os venres de 20.00 a 22.00 horas e os sábados e domingos de 12.00 a 14.00 e de 20.00 a 22.00 horas. Ademais, a cita coincide co festival internacional de arte urbana Rexenera Fest e coa celebración da fase de ascenso do Balonmán Calvo Xiria e con outras moitas citas deportivas. Así que, se estades de visita por Carballo, non dubidedes en probar os nosos pinchos!

Listaxe completa dos locais

Se non queredes perdervos pola ruta, lembrade que os locais de Carballo por Etapas contarán cunha moqueta de cor laranxa á entrada, ademais de bandeiríns, panos de mesa, manteis, mandís, cartelería e pratos de barro específicos. Ademais contarán coa animación do grupo de gaitas Charangafolk, que actuará en cada un dos establecementos: A Barra Bar, Cafés A Cafeteira, Cafetería Abastos, Café Bar Embajador, Café Bar Ginebra, Cafetería Habanos 79, Cafetería Xorima, Cervecería Ágora, Cervecería Beos, Cervecería Dublín, Cervecería La Bombonera, Mesón A Cabaña, Mesón As Viandas, Oasis Restaurante-Vinoteca, Restaurante El Hórreo, Restaurante Mesón do Pulpo, Restaurante Vinoteca A de Pako, Tapería Aturuxo, Tasca O Casino e Trattoria Pizzería Vesuvio.

E se queredes ideas para unhas tapiñas, o chef do Casino da Toxa, Mark Wernink, déixavos aquí algunhas... Ademais de motivos para vir a Carballo por etapas!


Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica