Carballo a un paso

Compartir:

Resolto o Premio Fotopoético

Marcos Regueira, Daniel Ernesto Loncán e Raquel Santos, e mais María Rita Más gañaron nas categorías Fotografía, Fotopoema e Videopoema.

Non o tiveron fácil as persoas que integraron o xurado da primeira edición do Premio Fotopoético "Carballo, mirando ao mar". Foron un total de 109 as obras presentadas, nas catro categorías convocadas: fotografía, fotopoema, videopoema e textos poéticos.

As obras premiadas, xunto cunha selección das que non o foron, serán expostas nunha mostra que se inaugurará nas vindeiras semanas. E está prevista, ademais, a publicación dun catálogo. A iniciativa é unha das múltiples actividades (artísticas, culturais, de formación) que, no primeiro semestre deste ano, formaron parte do programa "Carballo, mirando ao mar". O fin, por en valor a nosa costa.

Cada unha das obras galardoadas será premiada con 1.250 euros. Os accésit foron valorados en 400 euros. Marcos Regueira Ramos foi gañador do premio á mellor fotografía coa súa obra "Baldaio. Paraíso baixo as estrelas".  Daniel Ernesto Loncan Araujo e Raquel Santos quedaron en primeiro lugar na categoría Fotopoema coa obra "Serea Silente". O premio Videopoema valorado en 1250€ otorgouselle á obra A miña avoa él, de María Rita Más Ybáñez da Coruña, e o Premio Textos Poéticos quedou deserto.            

Os accésits fóron para Raquel Santos Álvarez en Fotografía; María Rita Más Ybáñez, en Fotopoema; e Miriam Rodríguez Domínguez e Pablo Kaufmann en Videopoema.


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica