Carballo a un paso

Compartir:

Axenda da finde

A primeira fin de semana da primavera virá con música (concerto de Buhos e Cazador), feira en Carballo e a celebración do Día da Árbore.

VENRES

Concerto de Buhos. Sala A Reserva. 23.00h. A proposta que esta fin de semana nos trae a Reserva, a banda Buhos, é unha das principais referencias festivas da música catalana, con máis de 500 concertos ás súas costas.

En 2014 lanza o seu primeiro disco oficial, "Natura salvatge" (Natureza salvaxe), unha aposta por melodías elaboradas e letras incisivas e de denuncia, da man do ska rock máis directos e os ritmos reggae. A entrada anticipada a 5, euros, e en billeteira, 7 euros.

Concerto de Cazador. Sala Dublín. 23.30h. Hoxe, na Sala Dublín, teremos oportunidade de coñecer o último traballo do grupo Cazador, editado cunha moi coidada presentación.

A banda de Valga que sustenta o seu traballo nun estilo próximo ao noise e aos sons escuros do rock dos noventa, segundo Desconcierto, medio especializado de gran proxección en Galicia. O prezo, 5 euros.

DOMINGO

Feira en Carballo. Será a primeira feira da primavera en Carballo. Como todos os segundos e os cuartos domingos de mes, a capital bergantiñá acolle unha das principais feiras de produtos agrícolas da zona de Bergantiños.

A práctica totalidade do noso pequeno comercio ten as súas portas abertas de par en par, ao igual que a praza de abastos. Ademais, o barrio da Milagrosa acolle o mercadiño con todo tipo de postos con variados produtos de téxtil, calzado e complementos.

Día da árbore o pasado ano

Día da árbore o pasado ano

Día da árbore. Parque do Anllóns. 11.30h. O domingo pola mañá serán transplantadas de maneira definitiva as árbores que o pasado ano foron plantadas no Horto Ecolóxico Infantil. Tras un ano medrando rodeadas de coidado, as árbores seran agora trasladadas á beira do río Anllóns. As persoas interesadas en colaborar coa plantación deberán traer unha pa e un caldeiro.

TODA A FINDE

Exposición "Diferentes miradas". Pazo da Cultura.  A mostra "Diferentes miradas" da Asociación Fotográfica Os Potiños reflicte diferentes formas de expresión de cada un dos dezaseis membros que colaboran nela. Iníciase cunha visión creativa e de composición e abrangue outros xéneros como os retratos, paisaxes, xeitos de vida e fotografías de temática máis persoal e familiar, na que se pode ver a motivación creativa de liberdade absoluta e o toque persoal de cada un dos compoñentes da asociación. O horario de visita da exposición é de 18.00 a 21.00 horas de luns a domingo até o 29 de marzo.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica