Carballo a un paso

Compartir:

Bocados de teatro

Un total de 16 bares, restaurantes, cafetarías e tabernas carballesas participan na iniciativa

En Carballo, tomámonos ao pé da letra iso de saborear o teatro. “Edipo”, “La vida es sueño”, "Don Juan Tenorio" ou "O incerto señor don Hamlet" non só son títulos de teatro clásico, senón tamén os nomes dalgúns dos “bocados” que poderás degustar nos locais carballeses ao longo das catro fin de semanas que estarán protagonizadas polo FIOT, o noso Festival Internacional de Teatro.

Neste mes de teatro, poderás almorzar cun "Calderón de la Barca" ou cun "Divinas Palabras" ou  tomar un pinchiño cun "Sancho Panzo" ou con "O Fidalgo". Nesta súa segunda edición do "Dálle un bocado ao FIOT", participarán un total de  16 cafeterías, bares, tabernas e restaurantes. Segundo o tipo de negocio, serviranse bocados, a 2 euros, ou merendas, a 3. Caer na tentación contará, ademais, con recompensa. Todas as persoas que consuman no "Dálle un bocado ao FIOT" entrarán no sorteo para unha entrada a unha función de sala na vindeira edición do festival, así como cea, aloxamento e almorzo nun estabelecemento carballés. E non só. Nos locais participantes haberá outras sorpresas….

Os "bocados" do FIOT poderán saborearse os días 10, 12, 17, 18, 25, 26 e 31 de outubro e 1 e 2 de novembro. Velaquí os locais e as súas propostas.

Valle Inclán - “Divinas palabras” (froita de temporada, iogur con pebidas de chocolate, torrada e café ou infusión).

Colón - “Calderón de la Barca” (zume natural de laranxa e framboesa, cake caseiro de noces e café)

O Mexillón – “Don Juan Tenorio” (espárrago recheo)

A Cabaña – “O abanico da Cabaña” (porco ibérico con pementos de Padrón e patacas)

Embajador – “Voadora” (polo á améndoa con ensalada e patacas)

Pazo da Cultura – “Sancho Panza” (base de pemento, carne picada, queixo fundido e patacas)

O Xabarín - “En familia” (filloa rellena)

A Cova - “Tosta Micaela” (tosta quente de pan de Carballo, salsa de guacamole, xamón serrano, champiñóns y salmón afumado)

Cervantes – “El abuelo” (crema de iogur, marmelada de cabaza, quinúa e castaña, café e auga de mazá)

La Bombonera - “Edipo” (zume de laranxa, torradas e café) Abastos - “Tres sombreros de copa” (tosta de rolliños de salmón afumado)

O Pescador - “O incerto señor don Hamlet” (albóndiga de polbo)

Ágora - “Torre de Verona” (tosta con filete de tenreira, cebola caramelizada, pemento do Piquillo e ovo fritido”

Ánfora - “La taberna fantástica” (emparedado de carne confitada con patacas panadeira)

Tomasa “La vida es sueño” (zume de laranxa natural, croissant recheo e café)

A Barra - “O Fidalgo” (xarrete estofado con verduras ao Mencía)


Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica