Carballo a un paso

Compartir:

De safari (fotográfico) por Carballo

Terá lugar o sábado, 19 de xullo, de dez a dúas da tarde

O safari irá pola costa carballesa

O safari irá pola costa carballesa

Gústache a fotografía? Deveces por unha boa imaxe? Persegues o encadre ou a luz perfecto? Ou, simplemente, gozas de observar e intentar captar a beleza da natureza? Pois se é así, hache de interesar a proposta que che facemos para este sábado. Un safari, non de animais (faltaría máis) senón de imaxes fermosas.

A Concellaría de Turismo do Concello de Carballo organiza un Safari Fotográfico que terá lugar ao longo da mañá do próximo sábado 19 de xullo, en horario de 10 a 14h.

Esta actividade, de asistencia gratuíta, está dirixida a toda aquela persoa  maior de idade afeccionada á fotografía que desexe participar e consiste en percorrer, nun  autobús facilitado polo Concello que sairá do Museo de Bergantiños, diferentes lugares de  interese paisaxístico e fotográfico do municipio. Acompañaranos un fotógrafo profesional, Eduardo Castro Bal.membro da Asociación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña e da Asociación Fotográfica Posición B.

O Safari comezará visitando algúns dos murais que xa forman parte da arte urbana de Carballo e logo percorrerase varios espazos naturais próximos. Logo percorreremos algún dos lugares máis fermosos do noso concello, como o miradoiro de Santa Irene de Castrillón, con fermosas vistas ao longo espazo natural que constitúen os nosos areais, ou a marisma de Baldaio.

Para participar, deberás dispor dunha cámara Reflex ou de características similares. Ah, e non esquezas inscribirte. Cubre a ficha adxunta e envíaa por correo a museo@carballo.org ou entrégaa no Museo de Bergantiños (rúa Martín Herrera, 8). Tamén podes facelo chamando ao 981702077.


Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica