Carballo a un paso

Compartir:

Delorean e Nudo Zurdo no festival Sereas e Piratas

O Sereas e Piratas traeranos á praia de Razo a Delorean, Nudo Zurdo, Trajano, Tiki Phantoms, Novedades Carminha, Linda Guilala e Apart.

Agarda por nós un cóctel moi especial este 2 de agosto na Praia de Razo: música e deporte, da man dun dos nosos festivais máis coñecidos, o Sereas e Piratas.

A noite contará con actuacións destacadas, como o grupo vasco Delorean, un prato forte para o festival con gran proxección internacional, e os madrileños Nudozurdo, que darán en Carballo o seu único concerto en Galicia. Ademais,  o indie capitalino dos tamén madrileños Trajano!, o surf rock dos cataláns Tiki Phantoms e o gamberrismo do grupo galego Novedades Carminha. O Sereas e Piratas contará, ademais, co indie pop de Linda Guilala, que actuara ao mediodía, e os carballeses Arabian Evils e Apart.

Deportes, Pequepop e máis cousas

Deporte Surf, volei-praia e skate constituirán a alma do festival polo día. O noso océano será o escenario para o Campionato de surf Lembranza no mar de Razo, e a nosa area, o campo de xogo para o torneo de volei praia Sereas e Piratas. Sen esquecérmonos do campionato de skate en minirampa, que terá lugar nas instalacións do Artsurfcamp.

 Tamén @s peques contarán co seu espazo propio no festival. O Pequepop será a novidade desta edición. Incluirá actividades para as e os máis cativos, como obradoiros musicais e de reciclaxe a cargo de Cosmononías e da asociación Surf and Clean. Na zona da carpa, xunto ao parque infantil, estará a terraza con acceso de balde. Alí terá lugar a comida campestre ao mediodía, a prezos módicos, e poderán adquirirse diversos obxectos de merchandising, como camisetas e bolsas de tea, deseñado todo por Oti Fernández Fotografía. E, como non, non faltarán as saborosas piruletas de chocolate do festival, e o photocall para as e os asistentes. Haberá tamén sesión vermú e, pola tarde, música con Chulapos DJ e Kike do pub La fábrica de chocolate de Vigo.

E como conseguir as entradas?

As entradas poden adquirirse a 12 euros nos seguintes puntos: En Carballo, nos pubs O Patacón e Belle Epoque, e mais na tenda Teirón; en Malpica, no Submarino; na Coruña, en Portobello e, en Santiago, en A Reixa Tenda. O Sereas e Piratas está organizado pola Asociación Cultural Rebeldía, co patrocinio do Concello de Carballo e a colaboración de entidades como a Federación Galega de Surf, o Artsurfcamp, o Silfocamp, a Asociación Coruñesa de Skaters e a Escola de Volei de Carballo.

Se tes interese en participar nas actividades deportivas, podes contactar coa organización a través do web de Sereas e Piratas, e das súas redes sociais en Facebook, Twitter e Instagram. Haberá sorteos premios, ademais, nos que se regalarán entradas , CDs e vinilos da discográfica Elefant Records.


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica