Carballo a un paso

Compartir:

O galego non ten idade

Os retos para a transmisión do galego das xeracións maiores ás máis novas centrarán o curso de verán que se celebrará esta semana

Profesionais e universitari@s dos máis diversos puntos estanse a achegar este mes de xullo á capital bergantiñana, aos cursos de verán que a Universidade da Coruña organiza en Carballo. A nosa vila segue a amosar así a súa aposta polo turismo de eventos. Xornadas, forums, cursos e encontros deportivos que todos os anos atraen a Carballo, e polos máis diversos motivos, a xente de fóra. 

Trala celebración nos primeiros días de xullo do curso  "A evolución do turismo no marco da sociedade global", esta semana, os retos para a transmisión interxeracional do galego atraerán ao edificio Fórum Carballo, a máis moderna das nosas instalacións, a expert@s e profesionais de toda Galicia.

As xornadas sobre dinamización lingüística chegan á súa décima edición abordando un dos maiores problemas cos que se encontra o galego: a súa transmisión interxeracional. Aos nosos fillos e fillas falámoslle en galego mais... Que facemos para conseguir que herden e manteñan a lingua no seu día a día? Esa é a gran interrogante á que o curso tentará responder. Coñecer as dificultades e condicionantes que dificultan a transmisión da lingua, avaliar experiencias e propor medidas de intervención son os tres obxectivos que se marca esta iniciativa.

Abordarase a cuestión dende a perspectiva máis teórica e tamén dende a máis experiencial. No primeiro dos casos, poderemos escoitar en Carballo a expertas e expertos no ámbito de Galicia e de fóra, como é o caso de Brauli Montoya, da Universitat d´Alacant, ou de Paula Kasares, da Universidade Pública de Navarra.

Dende a vertente máis práctica, serán varias as experiencias que nos presenten dende os máis diversos ámbitos para favorecer a transmisión da lingua de pais e nais ás súas crianzas. Dende o obradoiro de cantos de berce, que Xabier Díaz ten xa desenvolvido en dúas ocasións en Carballo de maneira pioneira, até propostas relacionadas co universo dos xogos, ou iniciativas xurdidas dende ou para o ámbito escolar, como a elaboración de materiais en galego



Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica