Compra e tapea no barrio da Milagrosa
Se compras en negocios da zona, terás tapa gratis nos locais hostaleiros. Se consomes nos bares do barrio, conseguirás bono desconto nos seus comercios.
Bacallau en Casa Collazo
Situado nun dos principais cruces de camiños de Carballo, na entrada á vila dende as estradas de Santiago, Ordes e A Costa da Morte, o barrio da Milagrosa ten identidade propia, tamén comercial. Nel celébrase cada quince días un dos mercadiños máis amplos da contorna, e nel podemos atopar no día a día unha dinámica vida comercial, conformada por tendas especializadas nunha atención moi próxima, e cafeterías, bares e locais de hostalería nas que o espírito de barrio está moi presente. Unha pequena gran familia unida ao redor da asociación de comerciantes da Milagrosa que, xunto coa concellería de Promoción Económica e Turismo do Concello, organiza nesta segunda quincena do mes o programa "Compra e tapea".
Bono do "Compra e Tapea"
A filosofía é sinxela, e baséase na creación de sinerxias Se fas un gasto mínimo de 20 euros nun dos comercios participantes, obterás un bono para unha tapa gratuíta nalgún dos locais de hostalería do barrio. E, se pola contra, consumes nalgún dos bares, cafeterías, casas de comidas ou hostais integrados no programa un mínimo de 20 euros, conseguirás un bono de desconto do 10% en compras de entre 20 e 200 euros nos comercios da zona.
A iniciativa, que se desenvolverá entre o 15 e o 30 de marzo, encádrase dentro do programa de actividades "Quedamos en Carballo", deseñado pola Concellaría de Promoción Económica, dirixida por Xosé Regueira, para promocionar o comercio e o turismo na vila.
Detallámosche de seguido os comercios e locais hostaleiros polos que poderás ir "de compras e tapeo".
Vista do barrio dende o escaparate de Amar Moda
Comercios participantes:
Todo Lar, Clínica Dental Bergantiños, Muebles Luis, Legumes Minuca, Froitas Bri, Panadería A Milagrosa, Mobles Agustín, Estanco A Milagrosa, salón de peiteado Isabel, Almacéns Agro, Barreiro O Zapateiro, Hostelber, Vileco-Mix, Ultramarinos Marina, Centro de Terapias Manuais Luisa Rabuñal, Amar Moda, Conxelados Mercanova, Peluquería María eChus, Asesoría A Ponte, Don Camilo Moda, Modas Eva, Confecciones Maruja, Confecciones Arijón, Calzados Arijón, Froitas Carmiña, Rodeo, Carnicería Pepe, Comercial Queijo Blanco, Guarnicionería Arturo Arán, Mercería Vainica, Supermercado Francisco, BR Podoloxía, Clínica Veterinaria Arnela e Calzados Rodríguez
Locais participantes
Café Bar Embajador, Restaurante Río Sil, Cafetería A Milagrosa Forum, Comidas Casa Collazo, Bar Bastián, Bar Gerardo, Cafetería Amsterdam e Café Bar LB.