Querida Conchi e Amnesia 3.0 conquistan o palmarés do IX Carballo Interplay
Carla Álvarez, Xiana Rei Martiz e Luiza Velizarova fanse co premio a Mellor proxecto de serie web en galego coa proposta de thriller Mentres non chova
Foto de familia na gala de entrega de premios do Carballo Interplay 2022 | 📷 Leo López
NOVAS RELACIONADAS:
- O Interplay reúne en Galicia ás voces máis relevantes da Internet en España
- Dezaseis webseries de todo o mundo compiten na sección oficial do IX Carballo Interplay
- O Carballo Interplay defende o talento autóctono
- Aberto o prazo para presentar series ao Carballo Interplay
11 de abril de 2022 - A 9ª edición do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay, que se celebrou dende do 6 ao 9 de abril en Carballo e na rede, a través do streaming, pechou o telón coa gala de entrega de premios ás mellores series para web na que triunfaron a animación máis sorprendente de proxectos como Querida Conchi ou Lordson and Jesus, o humor político de The communist's daughter e o intimismo de Dhanasri, Julies e as pantasmas. O xurado composto por Marta Salicrú, Betu Martínez, Víctor Sala, Lucía Estévez e Ángela Andrada outorgoulle a Querida Conchi o premio a Mellor serie estatal, dotado con 800 euros e trofeo, e a Lordson and Jesus o de Mellor guión, dotado con 200 euros e trofeo. O de Mellor serie en versión orixinal en galego, dotado con 800 euros e trofeo, foi para Amnesia 3.0, serie nacida no propio Carballo Interplay a través do concurso de proxectos. O premio para Mellor dirección, dotado con 200 euros e trofeo, para a canadiense The Communist's daughter, unha comedia política ambientada durante o mandato de Ronald Reagan.
As asistentes ao Carballo Interplay tamén tiveron a oportunidade de escoller a súa webserie favorita e finalmente decidiron que a gañadora ao premio do público, dotado de 400 euros, sexa a francesa Resistance. Pola súa parte, o xurado novo, composto por Malva, Nee Barros e Berto Mira decidiu outorgar o seu premio, dotado con 400 euros e trofeo, a Dhanasri, Julies e as pantasmas, un retrato poético que explora a complecidade das relacións entre as mulleres.
Premio ao Mellor proxecto de serie web en galego
Reunido en Carballo o xurado composto por María Yañez, Nati Juncal e Xulio Abonjo decidiu outorgar o Premio ao mellor proxecto de webserie en galego, dotado con 3000 euros para a produción dos tres primeiros capítulos, a Mentres non chova, de Carla Álvarez, Xiana Rei Martiz e Luiza Velizarova, un thriller contado a través da pantalla dun teléfono móbil que esconde unha gran reflexión sobre o cambio climático. A serie estrearase na próxima edición do Carballo Interplay.
PALMARÉS
- Mellor serie, dotado con 800 euros e trofeo: Querida Conchi
- Mellor serie versión orixinal en galego, dotado con 800 euros e trofeo: Amnesia 3.0
- Premio do xurado novo, dotado con 400 euros e trofeo: Dhanasri, Julies e as pantasmas
- Premio do público, dotado con 400 euros e trofeo: Resistance
- Premio a mellor guión, dotado con 200 euros e trofeo: Lordson and Jesus
- Premio a mellor dirección, dotado con 200 euros e trofeo: The Communist's daughter
- Premio a proxecto de serie web en galego, dotado con 3.000 euros e trofeo: Mentres non chova