Festas
As do San Xoán son as festas grandes de Carballo, que todos os anos contan con artistas de renome no seu programa. O verán está cheo de festexos parroquiais e gastronómicos.
Inicio // Coñece Carballo // Cultura viva //
As do San Xoán son as festas grandes de Carballo, que todos os anos contan con artistas de renome no seu programa. O verán está cheo de festexos parroquiais e gastronómicos.
As romarías son espazos para o encontro coa natureza ou co sagrado, pero tamén para a tradición, a diversión e a cultura popular. En terras carballesas hai varias de sona.
A lingua propia e oficial de Galicia é o galego, que é o idioma común nos usos espontáneos na maioría do país. Ademais da lingua de aquí, en Galicia tamén é cooficial o castelán.
Carballo é lenda. Ao redor das mámoas, dos castros, das brañas, das lagoas…, hai numerosas historias nas que a fantasía é utilizada para explicar a realidade.
Desta nosa capital bergantiñá saíron poetas, novelistas, ensaístas, autores de banda deseñada, escritoras e escritores de literatura infantil…
Son as do artesán, as da artesá, mans que non só producen, senón que tamén acariñan, miman e tratan con esmero e coidado todo aquilo que fan. É a súa a arte do detalle.