Carballo a un paso

Inicio // Accesibilidade

Compartir:

Accesibilidade

Logotipos de uso de HTML e CSS válidos e cumprimento de accesibilidade nivel AA

Internet creouse coma unha rede univesal de adquisición e tratamento da información. Porén, tamén pode supoñer unha barreira para os cidadáns con algún tipo de discapacidade. 

É por iso que dende o Concello de Carballo  tentamos eliminar, na medida do posible, as barreiras máis comúns coas que se atopan os internautas de idade, con discapacidades físicas, psíquicas, sensoriais ou cognitivas á hora de acceder ao universo web.

Durante o proceso de creación e deseño da nosa web tivéronse en conta as Pautas de Accesibilidade ao Contido na Web (WCAG), para que todos os usuarios, independentemente das circunstancias e dos dispositivos involucrados á hora de acceder á información, poidan acceder aos contidos da nosa páxina.

O formato do contido da web segue o estandar recomendado polo W3C, os elementos que constitúen o contido seguen as pautas marcadas polo nivel de prioridade AA das Directrices de Accesibilidade para Contido Web do W3C e as follas de estilo (CSS) para asignar os formatos de presentación dos contidos seguen tamén o estandar do W3C.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica