![A feira de Carballo A feira de Carballo](jrcabecerafotos_recorta.php?file=media/../media/img/feira140px.jpg&y=105&x=140&m=false)
A feira de Carballo
Non podes perder Carballo en domingo de feira. A vila énchese de bulicio, de xente que compra, vende e recupera folgos cunha tapiña.
Inicio // Que facer // De compras //
Carballo ten alma feirante. É unha vila fundamentalmente comercial, que destaca pola forza do seu pequeno comercio e os seus produtos de proximidade
Non podes perder Carballo en domingo de feira. A vila énchese de bulicio, de xente que compra, vende e recupera folgos cunha tapiña.
Se buscas roupa, calzado ou complementos a bo prezo podes completar o teu domingo de feira no “mercadiño” que atoparás no barrio da Milagrosa.
Encontrarás os mellores produtos da zona: o seu afamado pan, os peixes da Costa e os froitos das nosas hortas.
As rúas de Carballo están cheas de pequenas tendas e comercios que son unha excelente alternativa aos ateigados centros comerciais das cidades.