Paleolítico
As primeiras persoas que habitaron Carballo fixérono no Paleolítico inferior. En Baldaio foron encontradas varias ferramentas prehistóricas.
Inicio // Coñece Carballo // De onde vimos //
As primeiras persoas que habitaron Carballo fixérono no Paleolítico inferior. En Baldaio foron encontradas varias ferramentas prehistóricas.
Non sabemos como viviron pero si como morreron as mulleres e os homes deste noso remoto pasado. E iso é así grazas aos dolmens, como este de Pedra Moura.
As nosas foron terras intensamente poboadas dende vello. Case non hai parroquia carballesa sen un verde castro. Eran aldeas fortificadas, porque guerreiro era o seu pobo.
Os romanos construíron camiños para comunicar e mellor controlar o territorio. Dise que Carballo puido ser Glandimiro, lugar de descanso á beira da vía Per Loca Maritima.
Como pagamento polos servizos prestados, os Reis Católicos autorizaron á familia Pardiñas para construír unha nova torre. Faríano en Artes, en Vilar de Francos.
E as luces da Ilustración chegaron a Carballo. A redescuberta do manancial de augas termais fixo que o que até entón só era unha aldea dera lugar a unha vila en expansión.