Carballo a un paso

Inicio // Artigos // A cociña sobre rodas invade Carballo co Food...

Compartir:

A cociña sobre rodas invade Carballo co Food Truck Fest

Do 13 ao 15 de setembro poderás probar dende hamburguesas a comida mexicana, ver demostracións culinarias ou mesmo asistir a concertos

Food Truck Fest


A Praza do Concello de Carballo estará invadida entre o venres 13 e o domingo 15 de setembro polo Food Truck Fest, unha cita coa cociña sobre rodas na que seis vehículos ofrecerán variantes gastronómicas para todos os gustos. Hamburguesas premium, bocadillos gourmet, gastronomía orixinal e saudable,  tapas diferentes, cociña veggie, viños de autor, cervexas especiais, sesión vermú, cociña en directo, produtos de proximidade… Actividades e animación constante durante os 3 días de duración do evento.

Ademais, na Praza do Concello haberá varios espazos diferenciados para citas máis aló da gastronomía. Teremos showcookings con recoñecidos cociñeiros, obradoiros para iniciar na cociña saudable ás e aos máis cativos da casa e variadas actividades de animación infantil para toda familia que convivirán coas actuacións de bandas de versións de grandes éxitos e un mercado de artesanía. Todo iso integrado na zona de food trucks para gozar dunha animada sesión vermú, unha saborosa  comida ou unha cea diferente.

6 FOOD TRUCKS

O fenómeno dos “food trucks” e a comida de rúa vai cobrando gran importancia a medida que medra o interese pola gastronomía, cada vez máis presente nos medios de comunicación convencionais, como prensa, radio ou televisión, e nas redes sociais. Tanto que nos últimos anos, esta idea tomou moita forza nas grandes cidades de toda Europa, onde hai unha demanda cada vez maior de novas fórmulas que aúnen lecer e gastronomía en espazos abertos. Seguindo esta tendencia Carballo quixo traer algúns dos mellores “food trucks” de Galicia e tamén doutros puntos de España.

  • PanPiragua (Asturias): Cociña asturiana sobre rodas. Hamburguesas artesás, canciños quentes especiais, cachopos e as súas famosas piraguas con Pitu de Caleya, carrilleras ou rabo de boi, forman parte da proposta gastronómica desta orixinal food truck. https://www.facebook.com/panpiragua/

  • Misco-Midas Foodtruck (A Coruña -Canarias): Cociña fusión na que podemos atopar as súas deliciosas hamburguesas de vaca galega ou pito de curral con outras elaboracións que fusionan as cociñas atlántica e mediterránea. Un canario afincado na Coruña namorado das cociñas das súas dúas terras e que experimenta con propostas inspiradas en Italia ou Xapón. Con opcións vexetarianas e veganas. https://www.facebook.com/miscomidasfoodtruck/

  • Veggchamel (Pontevedra): Foodtruck especializado en proposta veganas e vexetarianas con deliciosas, sorprendentes e orixinais propostas para os amantes da cociña verde e para as persoas que desexen probar e descubrir novos e saudables sabores. https://www.instagram.com/veggchamel/

  • El 22 (Asturias-México):  O auténtico sabor de México. Tacos, gringas, carnitas, guacamole. Un equipo de chefs mexicanos tráenos a “mexican street food”, unha das propostas gastronómicas imprescindibles e máis demandadas en calquera evento de comida de rúa. Opcións vexetarianas e veganas. https://www.facebook.com/el22bar/

  • Piazza La Peregrina: Inigualables pizzas artesás con propostas clásicas e outras nada convencionais. Pizzas de polbo, de queixos galegos como San Simón da Costa ou o incrible Galmesano, pizzas que nos levan a outros recunchos do mundo como Xamaica. Todos os sabores do mundo sobre unha crocante e deliciosa masa. Tamén pizza de chocolate para os amantes do doce. Con opcións vexetarianas e veganas. https://www.facebook.com/piazza_la_peregrina-101609644553220/

Showcooking, artesanía, concertos...

Cociñeiros que participan nos showcooking:

  • ÁLVARO VICTORIANO Restaurantes Peculiar e Intenso da Coruña: Namorado da gastronomía galega e dos produtos atlánticos, Álvaro Victoriano chega a Coruña desde o seu Asturias natal tras dar os seus primeiros pasos no casino de Madrid. En Jockey, un dos restaurantes máis importantes da capital, conságrase como cociñeiro. Na súa etapa galega foi xefe de cociña no restaurante O de Alberto durante dous anos, logrando ser mencionados na Guía Michelin. Desde 2017 é copropietario dos restaurantes Peculiar e Intenso, os dous na Coruña. Este chef combina a materia prima galega coa súa gran creatividade para ofrecer pratos únicos con chiscadelas á terra e moita innovación. A cociña de fusión de Álvaro é creativa, innovadora e con gran sentido artístico. A súa cociña e a súa cabeza nunca descansan. https://www.facebook.com/PeculiarTapas/ https://www.facebook.com/Intenso-293149564637570/

  • MARCOS SEOANE – Restaurante Río Sil de Carballo: Ben coñecido por rexentar o Restaurante Río Sil de Carballo, a súa especialidade é a carne de boi e as súas xornadas de exaltación da carne vermella súmmum de Galicia, aínda que no río Sil tamén podes probar peixes e mariscos das lonxas da Costa da Morte, chacina de vaca e ibéricos, anchoas de Santoña ou lombo imperial de bacallau das Illas Feroe. Grazas ao seu bo facer, o Río Sil conseguiu unha mención na Guía Michelín, na que describen o local como “templo carnívoro”. http://hostalrestauranteriosil.com/

  • ROCÍO MARTÍNEZ – Restaurante Pementa Rosa e Atelier de dóces Arabela: Rocío Martínez Rodríguez leva xa seis anos ao frente de Pementa Rosa, un restaurante que ofrece cociña de calidade con produtos da comarca cun toque moderno e presentacións elegantes. Martínez ten traballado en numerosas cociñas, incluíndo a do Restaurante As Garzas, que conta cunha Estrella Michelín. Toda esa experiencia vese reflectida agora nas súas propostas gastronómicas. Ademais, acaba de abrir un atelier de dóces onde podes probar delicias. http://restaurantepementarosa.com/ https://www.facebook.com/arabelapasteleria/

  • CHISCO RAMOS – Restaurante A Esmorga: Cunha traxectoria na que ten traballado en lugares como o Gran Hotel da Toxa, ser xefe de pastelería en Girona do Bo.Tic, restaurante con Estrella Michelín, traballar nun hotel de cinco estrelas a carón do Palacio de Buckingham en Londres ou nunha illa en Croacia, a súa especialidade é a pastelería. Así comezou a súa andaina en Carballo con Crocante, para logo abrir un restaurante, A Esmorga, no que ofrece cociña de mercado de calidade. https://www.facebook.com/aesmorgacarballo/

Mercado de artesanía con 5 postos:

Grupos musicais:

  • The Cruz
  • Reconversión
  • DJ Pop Voyage


Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentación y medio ambiente Xunta de Galicia Deputación da Coruña Galicia Agader