Carballo a un paso

Inicio // Artículos // Ruta senderista por el mítico Monte Neme

Compartir:

Ruta senderista por el mítico Monte Neme

Este domingo, la asociación Senda Nova subirá a la cumbre más alta del municipio

Hai un cume que se ve dende practicamente todo o concello. Seguro que tes a súa imaxe gravada na retina aínda que, de tan habitual que é a súa presenza no sky line bergantiñán, de tan acostumad@s que estamos a velo, remate por pasarnos desapercibido. É o Monte Neme, o Nemeth, verba celta que significa "monte sagrado". O domingo teremos oportunidade de adentrarnos nel, ata o seu punto máis alto, na ruta de sendeirismo que organiza a asociación ambiental carballesa Senda Nova.

A expedición promete. O Nemeth está cargado, non só de lendas (din que, por estas paraxes, o demo se xuntaba coas meigas na noite de San Xoán) senón tamén de historia, pois foi un importante punto de extracción de wolframio na Segunda Guerra Mundial, e polos arredores pululaban tanto alemáns como espías do bando aliado. Mais non temos que imaxinarnos o que foi para sorprendernos porque o que é, con esa vista de paxaro de toda a comarca bergantiñá que nos ofrece seu punto máis alto, con esa ampla panorámica da costa que vai dende Malpica até Ferrol, deixa coa boca aberta.

El wolframio y la II Guerra Mundial

A ruta iniciarase xunto á igrexa de Oza e rematará xunto á de Cambre, xa no concello de Malpica. Pretiño da igrexa de San Breixo, o noso punto de partida, atoparemos un dos tres únicos petos de ánimas do concello, o de maior dimensións. Seguiremos rumbo cara a Serantes e descubriremos que o lugar da Torre non se chama así por casualidade, senón en memoria dunha antiga torre que alí se erguía na época medieval. Na nosa seguinte parada, O Rodo, pasaremos á beira dun pequeno castro defensivo e poderemos ver ao lonxe o castro de Serantes, nunha fértil agra. Probablemente, as e os veciños castrexos da época residisen neste último no seu día a día e se refuxiasen no castro defensivo só cando fosen atacados.

Dende Nión, obseraremos, dende a distancia, outro castro, importante pola gran cantidade de lendas que ten ao seu redor, e tamén polos achados de restos do pasado que nel se teñen feito. Seguimos camiñando até avistar Vilar do Cidre, un lugar situado nunha pendente tan marcada que até os hórreos chegan a ter cinco alturas.

Deixámos Nétoma atrás e, xa na ladeira do Monte Neme, atoparemos uns vellos barracóns abandonados. Son as casas dos mineiros, onde se aseaban e mesmo durmían. Preto hai unha bocamina, a entrada dunha das antigas galerías da mina de wolframio. Pasiño a pasiño chegaremos tamén á fonte de Santa Cristina onde, en tempos pasados, había unha capela que logo se trasladou a Oza.

El aquelarre bergantiñano

E imos chegando ao alto, onde está a Eira das Meigas. No pasado, erguíase alí o noso particular Stonehenge, un crómlech do que agora non queda ren, a non ser un círculo no chan no que din as lendas que a herba non medra. É aquí onde a tradición oral sitúa os aquelarres do demo coas meigas na noite de San Xoán.

Estamos xa a 385 metros. Dende esa altura podemos facernos unha boa idea da morfoloxía da nosa comarca, pois verémola a vista de paxaro. A panorámica abrangue Malpica e as Sisargas, Razo e Baldaio e mesmo, nos días despexados até o cabo Prioriño, en Ferrol. Sorprendentes son as lagoas que atopamos no cume do Monte Neme, tal vez produto da actividade de extracción mineira que roeu o seu cume. Durante anos, o Monte Neme foi tamén lugar de extracción de area, moi aprezada para traballar en formigón, por certo. Son, as lagoas,  dunha peculiar cor verde esmeralda, que fai un insólito contraste cos azuis do ceo e do Atlántico.

Toca agora descer, xa por terras malpicanas. Baixamos cara a Aviño e cruzamos o rego do Rías, que desemboca xunto á praia do mesmo nome. A súa ribeira está tupida por unha frondosa zona de bosque autóctono, inaccesible pola pendente na que está situada, provocada por unha falla no terreo. Estamos xa preto da nosa meta, a igrexa de Cambre, onde  despediremos este domingo sendeirista.


Enlaces

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica