Surf
Campamento-escola de surf
Rúa Paseo Arenal, 13. 15107 - Razo
En Art surfcamp levan máis de 16 anos transmitindo a paixón polo surfing e organizando con éxito campamentos de surf e campamentos de verán para nenos, adolescentes e adultos sen límite de idade na praia de Razo.
Estrada do porto, 3. 15107 - Razo
Boaola é un centro para surfeiros, amantes do ioga ou viaxeiros, situado na praia de Razo creado para facilitar o acceso ás ondas e o crecemento a través do surf, contribuír a desenvolver do surf local e a tecnificación deportiva.
Campamento-escola de surf
Carretera Pedra do Sal, 28. 15105 Carballo - Lema
La Wave Surf House & School nace en Cantabria en 2015 por mor da paixón duns irmáns polo surf e o skate desde moi nenos. Agora abriron tamén unha escola en Pedra do Sal en Carballo na que ofrecen a oportunidade de experimentar, aprender e gozar a través do surf.
Campamento-escola de surf
Rúa Paseo da Praia, 39. 15107 - Razo
Primeiro Surfcamp de Europa, naceu en 1991 cando xurdiu a idea de pór en marcha un SurfCamp en Galicia, sendo os primeiros en España. Durante os seus 30 anos de andaina son miles as persoas que teñen compartido surf e praia con eles.
Campamento-escola de surf
Pedra do Sal, 81-82. 15105 Carballo - Lema
WorldSurfCamp é unha escola de surf que desenvolve o seu traballo co obxectivo de crear surfcamps para adultos. A súa apertura remóntase ao ano 2013 e desde entón foron medrando aos poucos, incorporando un hostel e contando cada ano con alumnado de toda España e de numerosos países de Europa.