Carballo a un paso

Compartir:

A festa levámola dentro!

Se compras en Carballo estes días levas unha postal e por tíckets superiores a 30€, tamén unha bolsa, unha chapa e un imán!

A festa levámola dentro

17 de xuño de 2021 - Este ano, unha vez máis por mor da pandemia, Carballo non celebrará como quixera as Festas patronais de San Xoán. Pero o Concello quere darlle un incentivo á actividade comercial nestas datas, porque as festas sempre significaron estrear roupa, ir ao salón de peiteado e facer as primeiras compras do verán. Así que, se compras en Carballo estes días nos máis de 100 establecementos comerciais adheridos á campaña “A festa levámola dentro”, tes premio! O lema escolleuse porque non fan falla verbenas ou grandes concertos e actividades multitudinarias para celebrar o San Xoán: a festa vai dentro de nós, marca un ciclo nas nosas vidas e tamén vai dentro das bolsas das persoas que compran no comercio local.

E que premio levas por comprar en Carballo? Por cada tíquet de compra por un importe igual ou superior a 30€ entregarase, ata o día 30 de xuño ou ata fin de existencias, un kit composto por unha bolsa de tela, unha chapa e un imán, todo elo co deseño da campaña. Poden recollerse na Oficina de Turismo - Museo de Bergantiños situado na rúa Martín Herrera s/n. Bulide porque están voando!

Máis de Carballo que o pan

E se non gastades máis de 30€, por calquera compra, do importe que sexa, tamén tendes premio grazas a unha segunda campaña: “Máis de Carballo que o pan”. Esta iniciativa inclúe o reparto de 14.000 postais con imaxes moi, moi carballesas. Hai 7 deseños diferentes, o que implica que para conseguilos todos é preciso facer 7 compras, sen importe mínimo, en calquera dos establecementos participantes.

Este grupo de postais levan o selo de Carballo non só polas imaxes que levan impresas, senón tamén porque foron deseñadas por creadoras da vila: Nazaret Franco, Andrea Sánchez, Adrián Vilanova, Tucho, María Pereira, María Barca e Sara Pérez asinan os sete primeiros deseños da colección. Ademais, crearonse catro vídeos que se irán distribuíndo nas redes sociais do Concello para promocionar a campaña e ao primeiro deles púxolle voz o profesorado da Escola Oficial de Idiomas.

Así que, a vosa única obriga e mercar en Carballo, e desfrutar dos premios!!!


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentación y medio ambiente Xunta de Galicia Deputación da Coruña Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atlántica