Carballo a un paso

Inicio // Artigos // O Rexenera Fest aumenta o patrimonio mural de...

Compartir:

O Rexenera Fest aumenta o patrimonio mural de Carballo con seis novas obras

Entre o xoves 3 e o domingo 13 de xuño o festival acolle a artistas chegados de Arxentina, Cataluña, Madrid, Aragón, Andalucía e Galicia

Rexenera Fest 2021

2 de xuño de 2021 - Un ano máis volve o Rexenera Fest, o festival internacional de arte pública de Carballo, que terá lugar do 3 ao 13 de xuño na capital bergantiñá e que aumentará o xa extenso e rico patrimonio muralístico do casco urbano carballés con 6 novas obras de gran formato. Durante os dez días do festival seis artistas provintes de distintas orixes estarán traballando en cadansúa intervención en seis localizacións da vila. A presenza internacional chega dende Arxentina e tamén veñen artistas de Madrid, Cataluña, Aragón, Andalucía, e, como cada ano, tamén hai representación galega.

Ademais, e como cada edición -sempre respectando as medidas de seguridade COVID-19- haberá unha oferta de actividades paralelas, entre as que hay que subliñar as visitas guiadas en grupos dun máximo de 8 persoas para ver a evolución dos murais día a día, pero tamén haberá conversas cos artistas a través das redes sociais; ou xogos para cativos e cativas e tamén para adultos que servirán para coñecer mellor a arte urbana e as xa máis de 80 obras que hai espalladas por Carballo dunha forma lúdica.



Artistas convidados e as súas paredes

Rúa Fábrica, 49

Rúa Fábrica, 49

  • Marta Lapeña (Madrid): Rúa Fábrica, 49. Marta Lapeña forma parte dunha nova xeración de muralistas nados nos 90 pero cunha formación pictórica máis clásica, e que como o catalán Van Vúu, tamén convidado este ano no Rexenera Fest, veñen pisando moi forte nos úlitmos anos. A súa carreira móvese entre galerías, feiras de arte e festivais de arte urbana e a súa obra caracterízase por unha pincelada solta e expresiva, coa que trata temáticas moi ligadas ao territorio no que intervén e nas que o compoñente social e cultural son cruciais nas súas narrativas.

Rúa Rosalía de Castro con Gran Vía

Rúa Rosalía de Castro

  • MØU (Galicia)Rúa Rosalía de Castro con Gran Vía. A representación galega do festival vén a cargo do ordense Møu, fundador xunto a Sokram do estudio Mutante Creativo; muralista, deseñador e co-director de festivais de arte urbana como DesOrdes Creativas, Compostela Contemporánea, Cromático ou o mesmo Rexenera, ademáis da súa faceta musical como Mc e productor musical do popular grupo de rap galego Dios ke te Crew. As súas obras reflexionan sobre a fraxilidade do equilibrio no crecemento colectivo e individual, entre a presunta tradición e o suposto progreso. No seu estilo predomina unha paleta de cor reducida e desaturada, coa que xera volume a través de formas planas e co uso dunha liña persistente, certeira e limpa.

Rúa Río Miño

Rúa Río Miño

  • Franco Fasoli (Arxentina)Rúa Río Miño | Rúa Río Sil. Franco Fasoli é un dos artistas pioneiros e máis recoñecidos na dinámica escea da arte urbana arxentina e unha figura histórica esencial no panorama latinoamericano e europeo. Nas súas obra fálanos das vívidas contradiccións das sociedades actuais e da constante loita entre dominantes e dominados, a miúdo a través de exercicios simbólicos e de orgánicas composicións repletas de dinamismo.


Rúa Río Mandeo

Rúa Río Mandeo

  • Ana Langeheldt (Andalucía): Rúa Río Mandeo. Figura esencial da escena da arte urbana estatal, tamén é coñecida como Lahe178 no ámbito do graffiti, eido onde comezou a súa carreira e onde se labrou un importante nome a finais dos anos 90 e comezos dos 2000. O seu expresivo e versátil estilo atopa a inspiración entre o folclore e a modernidade e profundiza en temáticas sobre cuestións vitalistas a través de composicións oníricas e vibrantes, en ocasións salpicadas dun certeiro e intencionado barroquismo formal.


Rúa Camelias

Rúa Camelias

  • Harsa (Aragón): Rúa Camelias. A zaragozana Harsa, é outra das artistas máis activas da escea estatal, movéndose con comodidade entre distintos eidos como o editorial, o publicitario, o galerístico ou o circuito de festivais de arte urbana. A súa obra está vencellada directamente coa ilustración contemporánea, con claras referencias á cultura popular do entorno no que intervén a nivel temático e á ilustración dos anos 50 e 60 no plano estilístico, caracterízandose por unha destacada riqueza cromática e unha sofisticada síntese a través de formas planas.

 Avenida da Milagrosa

Avenida da Milagrosa

  • Iván Floro (Cataluña): Avenida da Milagrosa. O artista catalán Iván Floro, tamén coñecido como Van Vúu é un dos principais representantes dunha nova e destacada xeración de muralistas contemporáneos, vencellados entre si cun estilo e formación pictórica quizais máis clásica que as xeracións anteriores. Van Vúu desenvolve un estilo cercano ao impresionismo, as temáticas tratadas nas súas obras, versátiles e frescas, derivan desa pertenza á xeración dos 90; seriedade, ironía, certo frikismo xeracional e certa nostálxica rebeldía mestúranse para plasmar lembranzas da infancia ou imaxes do presente tintadas de referencias á contracultura actual.

Actividades paralelas

  • XOGO DE PISTAS PARA FAMILIAS: de balde con inscrición previa.
A través deste xogo, adultos e pequenos compartirán momentos de diversión á vez que coñecen máis da arte urbana de Carballo e ven a localidade con outros ollos.

DATAS: do 3 ao 13 de xuño.
LUGAR: recollida de pistas no Museo de Bergantiños (Rúa Martín Herrera, 8).
INSCRICIÓNS E +INFO: en turismo@carballo.gal ou no 981 702 077.
PARA TODOS OS PÚBLICOS PREMIOS PARA OS PARTICIPANTES QUE REMATEN O XOGO

  • BUSCANDO OURO: de balde con inscrición previa.
Con este xogo de pistas, a modo dunha peculiar busca do tesouro, os/as participantes terán que mergullarse de cheo na arte urbana esparexida polas rúas de carballo,  resolver as pescudas que se lle vaian dando e descifrar as incógnitas inxeridas nos propios murais para poder chegar á meta e  atopar o ansiado ouro.

DATA: sábado 12 de xuño.
HORARIOS: de 19.00 a 21.00 h.
LUGAR: recollida da primeira pista no Museo de Bergantiños (Rúa Martín Herrera, 8).
INSCRICIÓNS E +INFO: en turismo@carballo.gal ou no 981 702 077.
PREMIOS: Obra gráfica dos  artistas participantes e pack de merchandising para os 3 primeiros en terminar a busca.
PARA MAIORES DE 14 ANOS

  • VISITAS GUIADAS: de balde con inscrición previa.
Durante a celebración do fes6val está previsto o desenvolvemento de visitas guiadas para que as persoas interesadas poidan ir vendo a evolución dos murais mentres os ar6stas os están pintando.

DATAS: do 3 ao 13 de xuño.
HORARIOS: de 11.00 a 12.00 h. pola mañá; de 20.00 a 21.00 h. pola tarde.
PRAZAS: grupos dun máximo de 8 persoas.
LUGAR DE SAÍDA: Museo de Bergantiños (Rúa Martín Herrera, 8).
INSCRICIÓNS E +INFO: en turismo@carballo.gal ou no 981 702 077.
PARA TODOS OS PÚBLICOS / PODERÁN PACTARSE TAMÉN VISITAS GUIADAS COS CENTROS DE ENSINO

  • ENCONTROS NAS ALTURAS: entrevistas cos e coas artistas por Instagram
O festival ofrecerá a posibilidade de conversar en directo cos artistas convidados sobre o proceso creativo da súa obra. Farase a través de directos en Instagram e dende as propias grúas en cadanseu mural, como unha maneira de achegar o traballo e os procesos dos artistas ao gran público dun xeito cercano e distendido.

DATAS E HORARIOS: Publicaranse durante o festival nas redes sociais do Rexenera Fest:

  • TODA A INFO POLO MIÚDO EN:

NOVAS RELACIONADAS:

Xa está aquí o cartel do Rexenera Fest 2021!


Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentación y medio ambiente Xunta de Galicia Deputación da Coruña Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atlántica