Que está pasando
Queres gañar unha semana de surf gratis? Pois #SurfeaCarballo! Que hai que facer? Tirar unha foto surfeira e publicala nas nosas redes sociais seguindo as instrucións das bases: sorteamos 4 estadías para dúas persoas! Toda a info e as bases clicando aquí.
Volve Primavera enDanza! Cinco espectáculos de danza contemporánea entre o 9 e o 23 de abril entre os que se inclúe a estrea dunha nova proposta de Matías Daporta: Mocap.
Volve Berocasión: para mercar vehículos ao mellor prezo! Despois da última edición en agosto, a feira de ocasión volve como xornada de portas abertas do venres 23 ao domingo 25 de abril con 12 concesionarios.
Queres cultura? En Carballo temos con forza! Entre marzo e maio ofrecemos máis de 25 actividades con cinema, expos, teatro, danza... que nos axudarán a demostrar que a cultura é segura!
Ábrese o prazo para presentar series ao VIII Carballo Interplay! O Festival carballés de Contidos Dixitais terá lugar do 8 ao 11 de setembro de 2021 e repartirá 6.600 euros en premios; apuntádevos!
O miradoiro de Vilela transfórmase nunha experiencia interactiva. Unha subvención da Axencia de Turismo de Galicia permite instalar unha mesa panorámica que funciona como un mini museo ao aire libre para visitantes.
Carballo e a Costa da Morte empezan os trámites para ser Reserva Local de Surf. Despois de non conseguir este ano a declaración de Reserva Mundial, comezan os pasos para mellorar a candidatura de 2021.