Carballo a un paso

Compartir:

Volve a 10K Carballo: a túa cita co atletismo o 16 de xuño!

O prazo de inscrición para a proba, que forma parte do circuíto de carreiras populares da Deputación, remata o mércores 12 de xuño. Participa!

10K Carballo

Xa está aberto o prazo de inscrición para a 10K Carballo, a IX Carreira Popular do Concello de Carballo que cada ano congrega a centos de atletas, dende categoría biberón até sénior, máster ou carreira adaptada. Este ano a data de celebración é o 16 de xuño, cun máximo de 2.000 atletas -xa que as prazas están limitadas a ese número- que poderán tomar a saída nunha competición que está incluída no VII circuíto provincial de carreiras populares Deputación da Coruña. A cita contará con tres probas: a 10K Carballo, oficial da Federación Galega de Atletismo (FGA) sobre unha distancia homologada de 10.000 metros, e puntuable nas categorías absolutas sub 20, sub 23, sénior e máster; a competición das categorías menores sub 18, sub 14, sub 12 e sub 10, tamén puntuables para o circuíto da Deputación; e as carreiras dos grupos de idade pitufos e biberón, non puntuables.

A inscrición estará aberta dende o venres 12 de abril até as 23.59 horas do mércores 12 de xuño e pode formalizarse na páxina web <www.championchipnorte.com>. É gratuíta para todas as categorías menores, mentres que as e os participantes sénior da 10K deberán pagar un prezo simbólico de 2 euros. Ademais, este ano a cita conta con algunhas novidades. Unha delas é o adiantamento ás 10.30 horas da proba sénior, a primeira en celebrarse. Outra das novidades importantes é que haberá caixóns de saída: os corredores, en función da marca que acrediten, terá un lugar reservado no cadro de saída. Como en pasadas edicións, os corredores terán á súa disposición servizos de avituallamento e de fisioterapia e recibirán o agasallo dunha camiseta.

Horarios e trofeos

  • 10.30 h.: Sub 20, Sub 23, Sénior, Máster 1, Máster 2, Máster 3, Máster 4. Hora final 11.50 h. Tempo máximo 80 minutos. 10.000 m. homologado.
  • 10.29 h.: Competición adaptada. Hora final 11.50 h. Tempo máximo 80 minutos. 10.000 m.
  • 11.50 h.: Sub 18, Sub 16. Hora final 12.10 h. Tempo máximo 20 minutos. 3.000 m.
  • 12.15 h.: Sub 14, Sub 12. Hora final 12.30 h. Tempo máximo 15 minutos. 2.000 m.
  • 12.35 h.: Sub 10. Hora final 12.45 h. Tempo máximo 10 minutos. 950 m.
  • 12.45 h.Pitufo 2012. 150 m.
  • 12.45 h.Pitufo 2013. 125 m.
  • 12.45 h.Pitufo 2014. 100 m.
  • 12.45 h.Pitufo 2015. 80 m.
  • 12.45 h.: Biberón 2016. 50 m.

Entregaranse trofeos aos primeiros, segundos e terceiros clasificados en categorías masculina e feminina de cada unha das categorías no 10K así como nas sub 18, sub 16, sub 14, sub 12 e sub 10. As categorías sub 20, sub 23 e sénior contemplaranse como única no que aos trofeos se refire. Tamén se premiará aos primeiros carballés e carballesa clasificados, ao corredor de maior idade, ao récord da proba, ao primeiro equipo clasificado e á entidade con máis participantes.

Así que, xa sabes, ben como corredor ou como público, non perdas a festa do atletismo de Carballo no mes de xuño!


Ligazóns

Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica