Carballo a un paso

Compartir:

Un Mickey Mouse de orellas e filloas para o Entroido 2019

Como cada ano, a cita más sinalada é o Concurso e desfile de comparsas, disfraces e carrozas do sábado 16 de marzo, que reparte 8.500 euros

Entroido 2019

Orellas, filloas e Mickey Mouse. O cartel do Entroido 2019 trae case todo o que precisamos para pasalo ben na festa de Don Carnal, ao igual que o programa de actividades que inclúe o Concurso e desfile de disfraces, comprasas e carrozas, o Enterro da Sardiña, festas gastronómicas, cotillóns, obradoiros e foliadas, bailes para os maiores, animación infantil e de rúa, e un concerto e unha masterclass de Manuel Blanco, un dos trompetistas clásicos máis importantes de España.

Como cada ano, a cita más concorrida do Entroido carballés e o Concurso e desfile de disfraces, comparsas e carrozas, que sempre ten lugar o domingo de Entroido e que este ano tivo que aprazarse até o sábado 16 de marzo. Presentado polo Mago Álex, comeza ás 17.00 horas e é un dos desfiles de máis tradición da comarca, que incrementou este ano a contía dos premios ata os 8.500 euros, dos cales 4.000 destinaranse a gratificacións por participación e o resto repartirase entre os gañadores. Ao remate do desfile celebrarase, patrocinado pola Concellaría da Terceira Idade e amenizado pola Orquestra Trébol, o tradicional baile de disfraces na Praza do Concello, durante o cal terá lugar a entrega de premios do concurso.

Enterro da sardiña e citas para os pequechos

Este ano haberá un obradoiro de creación de instrumentos musicais para formar unha comparsa de Entroido

Outra das actividades que máis público vai gañando cada ano é o Enterro da Sardiña, que terá lugar o 5 de marzo a partir das 21.00 horas. Como en anteriores edicións estará coordinado pola Aula Municipal de Teatro, coa que colaborarán Vagalume Animación, Cruz Vermella e a charanga Santa Compaña, que animará e acompañará a comitiva. Os máis pequenos e pequenas son sempre protagonistas do Entroido, por eso non podía faltar a animación infantil. Neste caso cun obradoiro para nenos e nenas de 4 a 12 anos que se impartirá na Biblioteca Rego da Balsa o 4 de marzo, ás 18.00 horas e que se titula “O Entroido xa vén. Creación de instrumentos musicais para formar unha comparsa”. É un obradoiro para nenos e nenas de 4 a 12 anos que se impartirá o 4 de marzo, ás 18.00 horas.

Ademais, este Entroido os encargados de levar a musica ás rúas son as charangas Mekánica (a tarde e noite do 3 de marzo) e Santa Compaña (a tarde e noite do 5 de marzo e no Enterro da Sardiña).

Masterclass e concerto de trompeta co mestre Manuel Blanco

Este ano ademais, o Entroido agocha unha sorpresa para todos e todas os amantes da música. Aínda que fóra de programa, a Concellaría de Cultura decidiu incluír esta actividade pola relevancia do seu protagonista: Manuel Blanco, mestre na prestixiosa Escola Superior de Música Reina Sofía e profesor na Universidade Alfonso X, ademais de primeiro trompetista na Orquestra Nacional de Espana. Será o 1 de marzo nunha masterclass para o alumnado de trompeta do Conservatorio Profesional de Música de Carballo, a partir das 19.00 horas, no Pazo da Cultura. Ao remate da clase (20.00 horas), Blanco ofrecerá un concerto, acompañado polo profesor de violín do conservatorio carballés Eduardo Coma.

Xa sabedes, en Entroido, vinde a Carballo!


Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentación y medio ambiente Xunta de Galicia Deputación da Coruña Galicia Agader