Carballo a un paso

Compartir:

O Xiria Pop cumpre 21 anos traendo a Carballo o mellor rock

A cita será o venres 14 e o sábado 15 de setembro na Sala Dublín; as entradas son a 15 euros o bono completo e 10 euros para unha única xornada

Xiria Pop

Seis bandas de pop rock serán o venres 14 e sábado 15 de setembro as protagonistas do festival Xiria Pop, que dende hay xa 21 anos trae a Carballo a mellor música do panorama nacional e internacional. Desta volta Cooper -con Álex Díez de Flechazos- son os cabeza de cartel, pero tamén teremos sons chegados dende EEUU, Málaga, Portugal, Madrid ou Valencia con Melange, The Safes, Futuro Terror, The Oddballs e The Parkinsons, nunha fantástica selección de grupos con tendencias que van dende o garaxe até o punk pasando pola psicodelia. A cita, aínda que con algunhas dúbidas porque o local está agora pechado ao público, segue sendo na Sala Dublín, que reabrirá especialmente co gallo do festival.

Nesta edición os grupos serán seis, en lugar de oito como adoita ser habitual, con tres o venres e outros tres o sábado. Como cada ano, a primeira xornada céntrase máis nos sons popeiros e o sábado estala o rock máis cañeiro. O prezo, tamén coma sempre, é de 10€ para unha única xornada e un bono de 15€ para todo o festival. As entradas poden adquirirse na mesma sala os días dos concertos, xa que non hai venda anticipada. E para que vexades o que non vos podedes perder, aquí vos deixamos un pequeno perfil de cada un dos grupos.

VENRES

Alex Díez

Cooper: Alex Díez é probablemente o personaxe máis representativo da escena mod nacional. Líder de Los Flechazos, e agora á fronte de Cooper, o seu son, as súas cancións, a súa imaxe e a súa voz forman parte da historia do pop español por dereito propio. Herdeiro directo de grandes nomes como The Kinks ou The Jam, a enerxía das súas guitarras e a luminosidade das súas melodías, sempre arrolando o espírito pop dos anos sesenta, xunto á súa forma de cantar e a personalidade coa que afronta o proceso de composición, convertérono nun dos grandes reformadores daqueles sons inmortais. Un pioneiro cheo de clasicismo. Este verán só pasará por Ourense e Carballo, así que non o perdades.

The Safes

The Safes: Adoitan clasificar a súa música como "power pop con aires de garaxe", "atomic pop" ou cun estilo simplemente "tolo e salvaxe". Os irmáns Frankie, Patrick e Michael O'Malley xunto con Dex Fontaine, Curt Schmelz e David Elliott teñen unha química única. Inspíranse nos sons dos 60 e 70 como The Who, Rockpile, Big Star ou Elvis Costello, artistas que sacaban o mellor de si mesmos tanto no estudio coma enriba dos escenarios.

Presentarán no Xiria Pop o seu último traballo, Tasty Waves, con letras, como xa é habitual no grupo, que convidan á risa, á reflexión, a compartir e mesmo a berrar.

Melange

Melange: Os encargados de abrir o Xiria Pop son un quinteto formado en Madrid a finais de 2014. Móvense nun estilo que respira entre a psicodelia, a música experimental e o folk, entre outros. Editan o seu primeiro disco Melange en vinilo auto-editado co seu selo "Discos Tere" en formato dobre LP en abril de 2016. En novembro de 2017 sae á luz Vento Bravo (Discos Tere/Beyond Beyond is Beyond Records).

Adrián Ceballos, Mario Zamora, Daniel Fernández, Miguel Rosón e Sergio Ceballos serán os encargados de ir quentando o ambiente.

SÁBADO

The Oddballs

The Oddballs: Dende Málaga chega esta banda que ofrece puro son garaxe rock’n’roll, frat-rock, 50’s R&B e punk-rock. Os seus compoñentes uníronse despois de ter tocado na formación Puño Americano & His Puñettes e volveron con máis forza aínda, se cabe. Recollendo a esencia do anterior grupo pero con máis protagonismo do saxo e cun sonido máis lixoso. A súa discográfica é FOLC Records, a mesma que Los Chicos, e en Carballo presentarán as cancións dos seus traballos We Are... The Oddballs!!! e o EP Desperate.

The Parkinsons

The Parkinsons: Son o primeiro grupo portugués en tocar no Xiria Pop. Volveron no 2012 ao panorama musical logo de oito anos desaparecidos. O seu álbum de regreso, de título moi axeitado Back To Life ("Volvendo á vida"), gravouse en Coimbra co lendario selo portugués Garagem. Logo seguiron co mesmo selo e RareSessións en 2014. Aínda que son de Coimbra teñen sé en Londres e son ben coñecidos polas súas actuacións en vivo, que algúns describen como "escandalosas".

The Parkinsons son Afonso Pinto (alias Al Zheimer), o guitarrista Victor Silveira (alias Victor Torpedo), o baixo Pedro Chau, Ricardo Brito (batería) e João Silva (teclados).

Futuro Terror

Futuro Terror: Calidade, bo facer e unha capacidade asombrosa de crear temas que embaucan, seducen e crean adicción case instantaneamente. Son algunhas das cartas de presentación dos alicantinos Futuro Terror. De esencia punk, no seu último disco que presentan en Carballo, Precipicio (2018), xiran un pouco ao pop e realizan unha mordaz crítica ao capitalismo. O seu selo, o barcelonés independente BCore. Non os perdades!

A que apetece empaparse cos sons do Xiria Pop? Agardámosvos!

HORARIOS

Venres 14

  • 22.15 h. MELANGE
  • 23.30 h. THE SAFES
  • 00. 45 h. COOPER

Sábado 15
  • 22.15 h. FUTURO TERROR
  • 23.30 h. THE ODDBALLS
  • 00.45 h. THE PARKINSONS


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica