Carballo a un paso

Compartir:

Píscore, ou 16 baquetas para unha marimba

A Praza do Concello acolle o venres 17 de agosto un Concerto singular no que o público eschará coa risa con estes catro músicos: de balde ás 22.00 horas

Píscore

Píscore durante unha das súas actuacións

Píscore chegan a Carballo para traernos a mellor comedia musical e xestual. Unha compañía que naceu na primavera do 2016 e que homenaxea co seu nome á famosa "Esther Píscore", trasunto da musa da danza, Terpsícore, nun coñecido gag de Les Luthiers. Teñen a premisa de facernos rir desde o virtuosismo musical, a elegancia e unha estética moi próxima á comedia xestual máis clásica. Ademais, foron Premio do Público no Festiclown 2017.

O espectáculo une a catro prestixiosos músicos fronte a un único instrumento... que pasará?

Estarán na Praza do Concello para ofrecernos o seu Concerto Singular. Que pasa cando se convoca a catro grandes solistas para un único concerto? Catro prestixiosos músicos fronte a un gran conflito: 16 baquetas e unha única marimba. Eles están dispostos a facela soar da maneira máis orixinal e asombrosa. Organizarse si que non vai ser tan fácil...

Para público de todas as idades

Píscore achéganos unha proposta que se encadra na liña dos grandes espectáculos que mesturan as notas musicais, a comedia, o clown e a participación do respectable. Un espectáculo de vocación universal que fará rir e gozar a público de todas as idades.

Algúns carballeses e carballesas lembraran a Píscore pola súa actuación en A Barra Bar no marco do FIOT 2016. Cheo e risas a esgalla. Esta semana a cita é o venres 17 de agosto: de balde a partir das 22.00 horas. Para todos os públicos.

A actuación conta coa colaboración da Deputación da Coruña. Está incluída no Verán Cultural.

Avance do concerto


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica