Carballo a un paso

Compartir:

Pensas que o mar é o mellor para nadar? Apúntate á travesía Caión-Razo!

Media Ducia organiza a terceira edición desta actividade que terá lugar o sábado 18 de agosto e que está aberta a un máximo de 100 participantes

Imaxe da travesía do ano pasado - Facebook da AD Media Ducia / ©RCH

Imaxe da travesía do ano pasado - Facebook da AD Media Ducia / ©RCH

Se che gusta nadar e estás en boa forma podes atreverte co noso mar! A Asociación Deportiva Media Ducia organiza por terceiro ano unha travesía non competitiva a nado en augas abertas entre Caión e Razo. A dificultade é media-alta, non só pola distancia do percorrido, con dúas modalidades de 5 e 10 quilómetros cada unha, senón tamén por tratarse de mar aberto. Aínda así, é unha oportunidade estupenda para probar as vosas forzas!

A proba contará con dúas modalidades, de 5 e 10 quilómetros; e a dificultade prevista é media-alta

Respecto das características da cita, ademais de ofrecer dúas modalidades de distancia, contará con reagrupamentos cada dous quilómetros que serán sinalizados pola organización. A saída está prevista dende a praia de Caión ás 15.00 horas do sábado 18 de agosto. A chegada para os participantes na travesía curta será na praia de Pedra do Sal; e para os da travesía longa, fronte ao ArtSurf Bar en Razo.

Inscricións

Imaxe da travesía Caión-Razo / Facebook da AD Media Ducia

Imaxe da travesía Caión-Razo / Facebook de Media Ducia

As anotacións poden formalizarse a través da Asociación Deportiva Media Ducia no enderezo electrónico <a.d.mediaducia@gmail.com>, ou no teléfono 645 789 800, onde tamén podedes pedir máis información. O prazo remata o luns 13 de agosto ás 15.00 horas e a travesía estará limitada a 100 participantes. O material obrigatorio que se debe achegar consiste nun neopreno e unha boia de sinalización.

Os servizos incluídos na inscrición, que custa 10 euros para os socios e socias de Media Ducia e 20 euros para os non socios, son os seguintes: seguro médico, kayaks e embarcacións de seguridade, avituallamentos e pinchos para todos e todas as participantes ao remate da actividade. Para máis detalles sobre a inscrición, podedes clicar aquí: Inscricións na III Travesía Caión-Razo.

A nadar e a gozar do noso mar!


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica