Carballo a un paso

Compartir:

Clausuramos a terceira edición do Curso de Cociña Saudable para profesionais do sector hostaleiro

O alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Promoción Económica, Xose Regueira, entregáronlle os diplomas aos alumnos

Clausura III Curso Cociña Saudable

Ferrero e Regueira, coa docente e os alumnos do curso

Última clase, último menú e entrega de diplomas aos alumnos nun acto informal no que participaron o alcalde, Evencio Ferrero, e o edil de Promoción Económica e Turismo, Xose Regueira. Hoxe rematou o III Curso de Cociña Saudable, unha iniciativa do Concello de Carballo, a través da referida concellería, que tivo o obxectivo de seguir ofrecendo ao sector da hostalería e da restauración unha formación continua, de calidade e de balde.

Noa Vázquez propuxo menús saudables aptos para celíacos, vexetarianos ou veganos

Foron 15 horas (tres diarias, polas tardes, o 16, 18, 23, 25 e 30 de xaneiro) de clases case exclusivamente prácticas, impartidas por Noa Vázquez Rendal, asesora nutricional, quen propuxo menús saudables para o consumidor xeral, para os grupos de poboación con algunha enfermidade (celíacos, diabéticos, intolerantes á lactosa, hipertensos...) e tamén aptos para os vexetarianos e veganos.

Continuidade

Tras a entrega de diplomas e a degustación dos últimos pratos do curso, Ferrero e Regueira cambiaron impresións cos alumnos e escoitaron as súas suxerencias. Regueira confirmou a continuidade do programa e manifestou a vontade do seu departamento de seguir traballando para mellorar a calidade da hostalería carballesa.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica