Carballo a un paso

Compartir:

Todos os sons que podades imaxinar: no Novembro con música!

Entre o 10 de novembro e o 5 de decembro Carballo bule con numerosas concertos e actividades para animar estación da caída das follas

Novembro con música

Coa caída das follas secas volven a Carballo os sons do Novembro con Música, un programa que concentra unha oferta musical na que conflúen moitos estilos, dende o folk, o pop, a música coral, a clásica ou a propiamente infantil; e no que teñen cabida tanto grupos afeccionados como profesionais. As formacións musicais de Carballo son tamén as protagonistas das actuacións, xa que entre o 10 de novembro e o 5 de decembro ofrecen o mellor do traballo que realizan ao longo do ano para animar a veciños e veciñas e visitantes cun feixe de citas de balde nas instalacións culturais do Concello.

Máis de 25 grupos

Máis de 25 agrupacións, solistas ou conxuntos musicais, participan en oito concertos espallados durante todo o mes de novembro, cun espazo especial para os máis cativos e cativas cunha cita En Familia. Todas as citas son de acceso gratuíto, aínda que precisamente para o concerto dirixido a público familiar será preciso recoller un convite previo debido a que sempre se completa o aforo. Ademais, o programa, organizado polo Concello coa colaboración da Deputación da Coruña, tamén se complementa con outras ofertas culturais como exposicións, obradoiros, citas relacionadas co 25 de novembro, Día Mundial pola eliminación da violencia de xénero, etc.

Nomes como Uxía e Magín Blanco; música de alén dos mares con Batuko Tabanka; citas con Apego para os máis cativos e cativas con Pitusa Semifusa ou Bolboreta; contacontos teatrais con Galeatro ou Barriga Verde, o tradicional concerto na honra de Santa Cecilia, a percusión de Odaiko... Non deixedes de visitar a vila e de vivir o novembro máis musical en Carballo!


Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica