Carballo a un paso

Compartir:

Sixicia, película rodada en Carballo, triunfa no Festival Cinespaña de Toulouse

A actriz de Fisterra Marta Lado, protagonista do filme, acadou o premio á mellor actriz no certame francés: parabéns!

O director Ignacio Vilar recolleu o premio en nome de Marta Lado

O director Ignacio Vilar recolleu o premio en nome de Marta Lado

A película "Sicixia" rodada na vila de Carballo e tamén na costa do municipio en marzo deste ano, vén de ser premiada no XXI Festival Cinespaña de Toulouse (Francia). A actriz fisterrá, Marta Lado, protagonista da cinta dirixida por Ignacio Vilar, recibiu o premio á Mellor Actriz polo seu papel de "Olalla". O Presidente do Xurado, o actor francés Serge Avedikian, explicou na Gala de entrega de Premios celebrada o sábado 8 de outubro na Cinémathèque de Toulouse que o galardón servía para recoñecer un excelente traballo de interpretación a través dun desenvolvemento sutil e gradual do personaxe de "Olalla" e unha profunda expresión dos sentimentos, ás veces catártica, así como pola dignidade do personaxe protagonista feminino ao longo da fita.

Marta Lado na presentación de Sicixia en Carballo

Marta Lado na presentación de "Sicixia" en Carballo

A actriz, que non puido asistir á Gala, agradeceu ao Xurado que se fixara en "Olalla" e recoñeceu sentirse orgullosa de recibir o seu primeiro premio internacional amosando un anaco da súa terra, a Costa da Morte. Tamén convidou ao público francés a visitar a nosa terra e subliñou que nun momento no que as fronteiras rompen o mundo, "Sicixia" fala de namorarse do mundo do outro. O director, Ignacio Vilar, foi o encargado de recoller o premio e subliñou que este recoñecemento supón un grande pulo para o cinema rodado en galego.

Parabéns a todo o equipo! Vémonos na estrea de "Sicixia" nos cines de Carballo!


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica