Carballo a un paso

Compartir:

Volve Berocasión con 300 vehículos á venda no Rego da Balsa!

O 27 e 28 de agosto poderedes achegarvos para mercar vehículos seminovos e quilómetro 0 ao mellor prezo na mellor feira de ocasión da contorna

Un momento de Berocasión 2015

Un momento de Berocasión 2015

Este ano Berocasión, a feira de vehículos de ocasión de Carballo, volve con máis forza ca nunca. Incrementa ata arredor de 300 o número de automóbiles expostos; e sube tamén o número de concesionarios participantes, cun total de 10: Automóbiles Dimolk-Peugeot, J. Lema, Caeiro Renault, JGCAR, Ricardo Motor Carballo, Vilas Rama Citröen, Miguel, Chacar, Rebalcar e O Largo. Quen se acheguen ao recinto do Parque Rego da Balsa poderán atopar este ano vehículos seminovos e quilómetro 0, así como de diferentes gamas, sempre a prezos moi competitivos, con rebaixas que, segundo o tipo de vehículo, oscilan entre os 500 e os 1.000 euros.

Superar as vendas

Nesta edición a organización espera superar as vendas para chegar ao medio centenar de vehículos, con transaccións que moitas veces comezan durante os días da feira, este ano a fin de semana do 27 e 28 de agosto, pero que en moitas ocasión acaban pechándose en días posteriores nos propios concesionarios. Ademais de todas as novidades respecto ao incremento da participación na feira, este ano tamén hai que destacar que o recinto ten mellorado substancialmente grazas ao asfaltado das áreas de estacionamento, algo que non só fai a zona máis atractiva, senón que tamén incrementa o espazo expositivo.

O recinto ten mellorado grazas ao asfaltado das áreas de estacionamento, o que incrementa o espazo expositivo

En todo caso, este ano Berocasión experimenta un salto cualitativo, xa que Carballo contará só con 100 vehículos menos que unha feira similar celebrada en Santiago de Compostela en maio deste ano. Así que, tanto se andades á procura dun vehículo, esperades renovar o que tendes ou queredes interesarvos polos prezos tan competitivos da feira, non deixedes de achegarvos ao Rego da Balsa!

Berocasión 2016

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica