Carballo a un paso

Compartir:

Torneo foliada de Volei Praia en Razo

Razo xa é un referente galego da práctica do volei praia. Este domingo, competirán algunha das mellores parellas de Galicia

É xa unha estampa habitual da praia de Razo. Nen@s e maiores, xogando ao volei, nalgún dos catro campos habilitados na zona da Explanada, co mar ao fondo. Cada ano, as persoas interesadas van a máis. Tanto, que este verán, a diario, xúntanse máis de 200 para xogar nas pistas. Este domingo, será un día especial, porque o Torneo foliada, que vai xa coa súa sétima edición, xuntará a algunha das mellores parellas competidoras de Galicia, e porque ademais, non faltarán orixinais actividades coas que poderán divertirse todas aquelas persoas que queiran achegarse, dende o tiro de corda até o lanzamento de ósos de cereixa.

Do torneo

O inicio das competicións estaba previsto para as 11 da mañá pero, debido ás choivas, foi trasladado á tarde. As categorías en liza, Super80 masculino e feminino, sub 15 masculino e feminino, senior masculino e femininino, e Super mini, para menores de 11 anos. Dado que a gran festa do volei en Razo non vai coincidir con ningunha outra competición de relevo en Galicia, está previsto que participen xogadores e xogadoras de categoría, como Rubén Rodríguez, galardoado o ano pasado, ou os irmáns Pallas, que venceron no torneo do Sereas e Piratas.

E da foliada

A parte de foliada consistirá en divertidos xogos nos que poderemos participar calquera das persoas que nese dia andemos pola praia. Haberá tiro da corda, lanzamento do oso de cereixa (chuspir o oso o máis lonxe posible), lanzamento de pedra (e non de pedriñas pequenas, senón duns pedroulos de ao redor de 10 quilos), trueiros de auga (cos trueiros, as redes que empregan @s cativ@s para pescar na auga, haberá que cazar os globos de auga que se lancen) e o frisbee gol (encaixar os discos de plástico nunha pequena portería).

Razo, referente en volei

Que Razo sexa hoxe en día un referente na práctica do volei praia é grazas á iniciativa da Asociación Deportiva Cultural Costa da Morte. Hai anos, a asociación levaba a cabo, por concellos de toda a Costa da Morte, un circuito de volei praia, mais a perda do apoio económico dos concellos, entre outros motivos, fixo que a iniciativa rematara por desaparecer. Dese primeiro proxecto naceu outro, que contou co respaldo do concello de Carballo floreceu en Razo. A praia, dinos o presidente da Asociación, Rosalino Mariño, reúne as condicións adecuadas para a práctica do deporte e, ademais, conta coa vantaxa de que por ela poden pasar nun día unhas 4.000 ou 5.000 persoas. Dende hai sete anos, a asociación, co apoio do Concello de Carballo, da Deputación e de patrocinadores locais, escolas de volei gratuítas para todas as idades. Encárgase, ademais, da organización do torneo Sereas e Piratas, que se celebra o mesmo día do festival, e do torneo foliada, que terá lugar este domingo.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica