Carballo a un paso

Compartir:

Se visitas Carballo, pide o teu caderno de pasatempos de verán!

Podes recollelo de balde na Oficina de Turismo, na Bibliopraia de Razo e nos postos de salvamento das praias de Pedra do Sal e Baldaio-As Saíñas

Caderno A píllara das dunas

Caderno A píllara das dunas

3 de agosto 2022 - Un ano máis, se visitades Carballo proporcionámosvos os pasatempos do verán co caderno “A píllara das dunas", que está a disposición de todas as persoas interesadas, de balde, na Oficina de Turismo - Museo de Bergantiños, na Bibliopraia de Razo e nos postos de salvamento e socorrismo das praias de Pedra do Sal e Baldaio-As Saíñas. Editado pola Concellaría de Normalización Lingüística, esta é a terceira edición dun caderno no que poderedes facer sudokus, sopas de letras, labirintos, encrucillados, crebacabezas...  Ademais, animamos a visitantes e veciñanza a recoller un exemplar e a repetir a experiencia da píllara viaxeira, que tan boa acollida tivo o ano pasado, e que consiste en que compartades unha foto coa vosa “píllara”, dende calquera lugar no que vaiades este verán, etiquetando nas redes sociais ao Concello de Carballo e/ou Turismo Carballo.

O caderno de pasatempos está realizado, unha vez máis, en colaboración coa Asociación Socio-Pedagóxica Galega (ASPG), a píllara das dunas convértese nunha iniciativa pouco habitual no panorama editorial. Unha revista de pasatempos e lecer que combina os xogos de palabras cos numéricos e de lóxica, e todo centrado nas particularidades de Carballo. Non quededes sen o voso!

LUGARES DE RECOLLIDA

  • Oficina de Información Turística
Museo de Bergantiños
Rúa Martín Herrera, s/n
CP. 15.100 - Carballo
Teléfono: 981 702 077 / 698 156 402
museo@carballo.gal

Horario de verán (xullo e agosto):

> De martes a venres de 10.00 a 14.00 horas e de 19.00 a 21.00.
> Sábados e domingos 10.00 a 14.00.
> Luns, pechado.

  • Bibliopraia - Praia de Razo (zona do Bar O Cordobés)
> De luns a venres, de 13.30 a 16.30 horas

  • Postos de Salvamento e Socorrismo de Baldaio-As Saíñas de Pedra do Sal
> De luns a domingo de 11.00 a 20.00 h.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica