Carballo a un paso

Compartir:

O San Xoan volve con música, festa, verbena, lume, o Anllóns, o bosque... Únete!

As festas patronais de Carballo presentan un programa con todo tipo de citas e actividades entre o 18 de xuño e o 3 de xullo

San Xoán de Carballo 2022

NOVAS RELACIONADAS:
Volve o festival Rockin Carballo cun cartelazo!
As Tanxugueiras serán o concerto do día grande do San Xoán 

13 de xuño de 2022 -
 Despois de dous anos sen poder celebralo, as festas patronais de Cabrallo "volven pra quedar" con todas as actividades que tanto se botaron de menos nos últimos anos. A música volve a ser protagonista con concertos con nomes como Tanxugueiras, Ortiga ou Los Enemigos, e co festival Rockin', pero tamén coas verbenas con catro orquestras como Finisterre ou Olympus (todas as citas de balde). E ademais volven todas as citas tradicionais: o pregón, o concurso de cachelas, o descenso do Anllóns, a festa do Bosque, pasarrúas, gaiteiros, bandas, corais, charangas, unha verbena infantil, un espectáculo circense patrocinado pola Fundación Luis Calvo Sanz... En definitiva, volven as festas que tanto botábamos de menos e coas que o pobo vai poder saír de novo á rúa.

Dous das citas máis importantes das Festas de San Xoán son, tradicionalmente, a presentación do cartel e o día do pregón. E este ano o San Xoán conta con valores como Álex Ávila Álvarez, que será o pregoeiro, e Nerea Vilariño, autora do cartel o San Xoán 2022. Ález Ávila é pediatra e director do Hospital Materno Infantil da Coruña e poderemos escoitalo o martes 21 de xuño ás 21.00 horas na Praza do Concello. Nerea Vilariño é unha novísima ilustradora que presentou unha proposta moi diferente ás anteriores, na que en lugar do lume ou as sardiñas, a protagonista é unha muller que lava a cara na noite meiga, recollendo a tradición das sete herbas e da auga de San Xoán.

Nesta nova podedes descargar o programa completo en PDF, un programa que pronto poderedes recoller en edificios municipais, incluída a Oficina de Turismo e Museo de Bergantiños. Este ano, porén, non haberá revista das festas. En todo caso, convidamos a veciñanza e visitantes a que recuperen a tradición de comezar o verán nas festas de Carballo. Viva o San Xoán!


Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica