Carballo a un paso

Inicio // Coñece Carballo // O noso territorio

Compartir:

O noso territorio

Carballo convida a sermos viaxeiros e viaxeiras para respirar fondo as esencias do mar e das terras de Bergantiños.

Entre o Atlántico e as terras verdes de Bergantiños, Carballo esténdese ao longo de 187 quilómetros cadrados na entrada da Costa da Morte.

Batido polas ondas feras do Atlántico, o areal comprendido entre Razo e Baldaio é, cos seus cinco quilómetros, un dos maiores de Galicia. Trátase dun espazo natural protexido que destaca pola excepcional beleza e riqueza ecolóxica das súas praias, da súa lagoa e marismas.

A paisaxe do concello está conformada, cara ao interior, por suaves montañas, nas que se combinan os verdes dos montes e herbais coa cor da terra labrada. Unha terra fértil e traballada, coidada con agarimo, e humanizada dende tempos antergos. Esténdese polos vales da Depresión Meridiana, cun solo moi rico e produtivo, e linda ao sur coa meseta de Ordes.

Nacida da auga

Salto de auga

Carballo é unha vila nacida e cruzada de auga. No seu manancial de augas quentes e sulfurosas ten a súa orixe, no século XVIII, a vila. O río Anllóns crúzaa a modo de líquida columna vertebral.

Un dos afluentes do Anllóns, o río Outón, precipítase ao baleiro na fermosa férveda de Entrecruces, ao igual que fai, un pouco menos atrevida, a férveda de Ramil, na parroquia veciña Rus.

Ambas as dúas férvedas orixináronse polo desnivel no terreo provocado pola Depresión Meridiana, importante fondeira no terreo que atravesa Galicia dende Razo até Tui, e que é un dos fenómenos xeolóxicos máis importantes de Galicia.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica