Carballo a un paso

Inicio // Que facer // Ocio activo //

Compartir:

Ocio activo

Carballo ofréceche múltiples posibilidades de turismo activo. Dende surf, parapente ou mergullo, até afeccións máis tranquilas como o sendeirismo, o golf ou as rutas a cabalo.

Surf

Surf

As ondas de Razo e Baldaio son idóneas para a práctica deste deporte, sobre todo entre os meses de setembro a abril, cando descargan con forza as mareas do Atlántico.

ler máis

Rutas a cabalo

Rutas a cabalo

Descubrirás que cabalgar á beira do mar, en contacto coa natureza e na compaña do océano, é unha experiencia fermosa e única.

ler máis

Golf

Golf

Preto da lagoa de Baldaio, na parroquia de Vilela, atoparás un bo espazo para gozar dunha xornada practicando este deporte. O golf é aquí un deporte para todo o mundo.

ler máis

Tiro con arco

Multiaventura

Poderás combinar actividades como a escalada, o tiro con arco, o ciclismo ou o sendeirismo e probar experiencias como lanzarte ao baleiro en tirolina.

ler máis

Paintball

Paintball

Compartirás aventura e xogo nestas batallas de pintura, tan emocionantes como desestresantes. As rochas e a vexetación da zona actúan como elementos de camuflaxe.

ler máis

Mergullo

Mergullo

Somérxete nas nosas augas. Os baixos de Baldaio, especie de montaña afundida debaixo do mar presentan especial atractivo pola diversidade de peixe que alí atoparás.

ler máis

Feader Ministerio de agricultura, alimentación y medio ambiente Xunta de Galicia Deputación da Coruña Galicia Agader