Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Viaxa ao pasado con Carballo na memoria...

Compartir:

Viaxa ao pasado con Carballo na memoria...

As rúas de Carballo contan xa con imaxes antigas para que os paseantes comparen in situ o transcurso do tempo en distintos espazos da vila

Panel na rúa Hórreo

Panel na rúa Hórreo | 📷 Turismo Carballo

Se paseades estes días por Carballo, ademais de atopar algún dos máis de 70 murais de arte urbana espallados polas rúas, explorar o centro peonil ou tapear nos nosos locais hostaleiros, agora tamén poderedes ir atopando paneis que reflicten fotografías antigas de Carballo e que nos permiten comparar un mesmo espazo público en distintas épocas históricas. Estes días xa se colocou na rúa Hórreo a primeira imaxe, da década dos anos 50, na que pode verse o paso do tempo, pero tamén como algúns dos negocios que aparecen na fotografía seguen a funcionar na actualidade. A iniciativa forma parte do proxecto Carballo na memoria, que recolle fotografías antigas achegadas polas veciñanza e as escanea para crear un arquivo dixital que sirva como memoria gráfica do noso pobo.

O proxecto conta xa con 2.114 fotografías dixitalizadas e está a disposición de todo o mundo na web <carballonamemoria.org>. Grazas a ese gran fondo documental, co que vos convidamos a seguir colaborando, poderemos seguir estendendo o proxecto a outros espazos públicos con máis paneis e máis imaxes. Dentro dese proceso de recuperación da nosa memoria histórica tamén está unha lona colocada nas antigas escolas do xardín (hoxe en día Ludoteca Municipal) co gallo do 90º aniversario da súa construción, en 2019, no que tamén cumpriron 90 anos a Praza de Galicia (antes Praza da Liberdade) e o Mercado Municipal. Co gallo desa efeméride, o historiador local Xan Fraga Rodríguez elaborou un libriño que está a disposición das persoas interesadas, ata fin de existencias, na Casa do Concello.

Así que, se vindes a Carballo e vos gusta a historia, buscade o panel e facede unha viaxe no tempo!


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica