Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Queres cambiar de coche? Ven a Berocasión!

Compartir:

Queres cambiar de coche? Ven a Berocasión!

O Parque Rego da Balsa énchese de 500 vehículos de ocasión entre o venres 23 e o domingo 25 de agosto: atoparás de todo e de todos os prezos

Berocasión 2018

Berocasión 2018 no Rego da Balsa | 📷 Turismo Carballo

Igual sentides a tentación de renovar o voso automóbil; ou queredes mercar o voso primeiro coche; ou simplemente tantear o mercado... Se tal é o caso, téndelo moi fácil en Berocasión, a feira de vehículos de ocasión de Carballo! Haberá 15 concesionarios e establecementos de compra-venda á vosa disposición, cunha feira que medra cada ano en oferta, prestacións e mesmo en espazo de exposición e que leva xa 14 anos de experiencia como feira de automoción. Poderedes escoller entre preto de 500 vehículos de Km.0, seminovos, industriais, mixtos, de ocasión, nacionais, de importación... A maioría turismos, pero tamén con furgonetas, vehículos industriais, motos... E tamén haberá variedade de prezos con posibilidade de condicións especiais de financiamento.

Berocasión 2019

Os concesionarios que participan este ano son: con Automóviles Dimolk-Peugeot, Caeiro-Renault, J. Lema Multimarca, Miguel-Taller Cinco Multimarca, Rebalcars Multimarca, Vilas Rama-Citroën, V-Car, Chacar Multimarca, Balsacar Multimarca, Automóviles Antamotor, JGCar, Yañez, Garvi Automóviles, Grupo Breogán-Toyota e Bercauto. O recinto seguirá estando situado un ano máis na zona do Parque Rego da Balsa. Berocasión abre as súas portas o venres 24 de agosto ás 16.00 horas e tanto o sábado coma o domingo o servizo de atención ao público será ininterrompido desde as dez da mañá durante todo o día e mentres haxa público.

Botade un ollo! Seguro que atopades o que necesitades!


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica