Carballo a un paso

Inicio // Que ver // Patrimonio // Patrimonio arqueolóxico // Os castros

Compartir:

Os castros

Castro de Cotomil, en Sofán

Castro de Cotomil, en Sofán

Carballo é un territorio habitado, vivido e traballado dende antergo. Case todas as nosas parroquias son confín dun verde castro. Eran as aldeas dos nosos antepasados e poboaron o noso territorio na Idade de Ferro e alén, entre o VIII antes de Cristo e o III despois de Cristo.

En Carballo hai máis de vinte castros. Todos eles están sen escavar, aínda que se encontraron neles restos da época, como unha espada de antenas que posiblemente fora localizada no castro de Cotomil, próximo á igrexa parroquial de Sofán.

Algúns deles aínda conservan ben as súas estruturas defensivas. Tal é o caso dos de Ouxas (Entrecruces), Ribeira (Rus), Guntián (Sofán), O Rodo (Oza) e Cances. E hainos, incluso, que seguen habitados, non polas familias castrexas, claro está, senón polas e polos carballeses de hoxe en día, como é o caso de Santa Irene do Castrillón, en Lema, ou do castro da Torre, en Sísamo.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica