Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Queres cambiar de coche? Visita Berocasión!

Compartir:

Queres cambiar de coche? Visita Berocasión!

Atoparás vehículos de Km.0, seminovos, industriais, mixtos, de ocasión, nacionais, de importación en 14 concesionarios do 1 ao 4 de setembro

Berocasión 2022

30 de agosto de 2022 - Berocasión xa cumpre 17 anos consolidada como a feira de vehículos de ocasión máis importante de Galicia. Esta edición, que terá lugar do 1 ao 4 de setembro nos propios establecementos, volve a celebrarse co formato de xornadas de portas abertas. Se queredes cambiar de coche teredes unha ampla variedade con excelentes descontos: vehículos de Km.0, seminovos, industriais, mixtos, de ocasión, nacionais, de importación... En definitiva, unha ampla selección de todo o que ofrece o mercado da automoción nestes momentos, non só con prezos moi atractivos, senón tamén con condicións especiais de financiamento. A feira, en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 durante os catro días, converterá Carballo no lugar de referencia de todas as persoas que estean buscando un vehículo á súa medida.

O horario da feira é de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h. durante os catro días nos propios concesionarios

Da organización da feira encárgase Axober, en colaboración co Concello de Carballo. O acto oficial de presentación de Berocasión contou coa participación dos 14 concesionarios participantes; do presidente de Axober, Isidro Varela; do concelleiro de Promoción Económica, Xosé Regueira, e do alcalde, Evencio Ferrero. Aquí tendes o nome dos 14 participantes:

  • DIMOLK - PEUGEOT
  • BALEATO MOTOR-RENAULT-DACIA
  • VEHÍCULOS JUAN LEMA
  • REBALCARS  AUTOMÓVILES
  • VILAS RAMA - CITROEN
  • V-CAR - HYUNDAI
  • ANTAMOTOR -NISSAN
  • JGCAR
  • CORGAL AUTOMOVILES KIA
  • BERCAUTO-FIAT-ALFA ROMEO-JEEP
  • GARVI AUTOMÓVILES
  • GRUPO BREOGAN - TOYOTA
  • PENSADO MOTOR - SKODA
  • TALLER CINCO


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica