Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Coñécenos mellor a través das postais de Máis de...

Compartir:

Coñécenos mellor a través das postais de Máis de Carballo que o pan...

Podedes recoller as imaxes temáticas do noso municipio de balde na Oficina de Turismo - Museo de Bergantiños no noso horario habitual

 Máis de Carballo que o pan

As postais están dispoñibles de balde

1 de agosto de 2022 - A nosa feira, a nosa costa, a nosa lingua, o pan, os depósitos de auga, a nosa gastronomía, as festas de San Xoán ou o humor son algunhas das características de Carballo que reflicten as postais da segunda edición de Máis de Carballo que o pan, unha iniciativa na que sete artistas da vila reflicten a súa particular visión da nosa localidade. Así que tendes sete modelos para escoller o voso favorito e recollelo de balde na Oficina de Turismo - Museo de Bergantiños ata fin de existencias. Isa Bermúdez, Diego Lago, Clara López, Laura Méndez, César Rama, Nerea Rama e Nerea Vilariño súmanse este ano á iniciativa  para amosarnos a través dunha colección de postais diferentes aspectos que, a nivel xeral e particular, elas e eles consideran especialmente representativos do noso concello e que a nivel colectivo énchennos de orgullo.

Trátase dunha iniciativa da Concellaría de Normalización Lingüística e Mocidade coa que se persegue seguir poñendo en valor a creatividade local, como vimos facendo dende hai anos a través de proxectos como Derrubando muros con pintura ou Son Carballo. Ademais de na Oficina de Turismo, tamén podedes recoller as vosas postais na Biblioteca Rego da Balsa ou na Bibliopraia de Razo. Bulide antes de que se esgoten!


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica